Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Programas educativos

A Coruña ambiental

  • "Veo, veo" 2020-2021

    As cidades e a contorna urbana son ecosistemas en que conviven especies de flora e fauna que se adaptaron a un novo ambiente. Nun medio tan transformado, en que dominan o asfalto e o cemento, estes habitantes atopan lugares e formas para cubriren as súas necesidades vitais. Unha cidade como A Coruña ofrece moitas posibilidades neste sentido: unha longa liña de costa, parques e xardíns de diferente configuración e superficie son os seus principais elementos. É vital que as cidadás e cidadáns omprendamos e valoremos a importancia do mantemento destes lugares pola súa biodiversidade e contribución á calidade ambiental.

  • A outra veciñanza 2020-2021

    A presenza de animais acompañando as nosas vidas na cidade é cada vez máis frecuente. Da man diso, nos últimos anos aparecereon diversas normativas que intentan xestionar a súa tenza e adiantarse ou reconducir problemas que enturbian a relación entre os seres humanos e os animais. Promover un coidado responsable e ético; evitar a introdución de especies exóticas ou o comercio de especies vulnerables son tópicos de interese neste ámbito. Xunto a esta veciñanza de carácter doméstico hai outra máis natural que é a miúdo obxecto de críticas polas molestias que xera: as especies silvestres que comparten con nós a cidade. Ratos, estorniños, pombas ou gaivotas son as máis coñecidas.

  • A pandemia da Covid-19

    Até ben entrado o século XX, os virus constituían un misterio invisible. Eran de importancia transcendental pero indetectables como o neutrón, por poñer un exemplo. Os descubrimentos microbianos de Antón van Leeuwenhoek non os detectaban, como tampouco os avances bacteriolóxicos de Pasteur ou Koch, 200 anos despois. De súpeto un coronavirus cambiou por completo a nosa vida, como só o conseguiran antes as peores guerras da humanidade. Afondemos un pouco máis o coñecemento destes patóxenos.

  • Enerxía e cambio climático 2020-21

    A enerxía é vital para o desenvolvemento das nosas actividades cotiás. A enerxía somática, que obtemos co metabolismo dos alimentos, sería a primeira. A partir de aí, o resto das enerxías obtémolas da transformación dos diferentes recursos: centrais térmicas, hidroeléctricas, nucleares, eólicas...

  • Movemento sustentable 2020-2021

    O 40% da produción enerxética final destínase ao transporte nas súas diferentes modalidades. O 15% é utilizado polas familias no seu vehículo particular. Se engadimos a parte de enerxía que se precisa para fabricar e manter os vehículos e as infraestruturas necesarias, esta demanda elévase até o 50%. Practicamente o 100% dos combustibles teñen a súa orixe en derivados do petróleo, o que supón unha dependencia dun recurso non renovable, escaso e que importamos. A educación, a saúde, o emprego ou o lecer deben resultar accesibles para todas e todos, independentemente de que dispoñamos ou non de coche.

  • O aire que nos rodea 2020-2021

    A atmosfera é imprescindible para a vida na Terra. O ser humano altéraa e modifica até tal punto que a consecuencia é a súa contaminación, con gran repercusión nos seres vivos. O primeiro no que pensamos con contaminación "do aire" é en cambios na composición química da atmosfera debidos á existencia de gases e compostos nocivos; mais tamén o ruído é un dos axentes contaminantes máis importantes; ou a "contaminación lumínica", con gran repercusión nos ciclos da vida...

resultados 6

  • 1 Páxinas
  • 1

Programas educativos

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión