Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

Programas educativos

  • Educación viaria coa Policía

    O Programa de Educación Viaria do Concello da Coruña é unha actividade dirixida e realizada pola Policía Local da nosa cidade. Busca mellorar a seguridade viaria dos/as escolares mediante unha formación adecuada e adaptada ás necesidades e diversidade dos grupos e destacar a transmisión de valores e actitudes de condutas cívicas, e polo tanto, viarias.

  • Enerxía e cambio climático

    A enerxía é vital para o desenvolvemento das nosas actividades cotiás. A enerxía somática, que obtemos co metabolismo dos alimentos, sería a primeira. A partir de aí, o resto das enerxías obtémolas da transformación dos diferentes recursos: centrais térmicas, hidroeléctricas, nucleares, eólicas...

  • Ensaios xerais abertos

    O alumnado asiste a unha das partes dos ensaios xerais da OSG que se realizan o mesmo día ou o día anterior ao concerto da programación de tempada da OSG, no Palacio da Ópera.

  • Falamos

    O programa de dinamización lingüística "Falamos" pretende promover a interacción entre a escola e a súa contorna para facer máis rendibles os recursos e os esforzos deses dous ámbitos en prol da normalización do galego. Todas as actividades deste programa van ser gratuítas.

  • Fauna de aquí e de alá

    A relación entre humanos e animais. Unha reflexión sobre a convivencia coas mascotas e a revisión da normativa que a regula.

  • Feira Matemática

    Xornada para divulgar e profundar na ensinanza-aprendizaxe das matemáticas e para conseguir unha intercomunicación social, matemática, lúdica, práctica e agradable, animando a nenos/as e maiores a resolver problemas matemáticos diversos. Organizada pola Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (Agapema).

  • Fuga de cerebros: habilitades sociais fronte ás drogas

    Taller para fomentar no alumnado as habilidades de comunicación e as competencias para a toma de decisións autónomas e saudables que actúan como factores de protección fronte ao comezo do consumo de drogas.

  • Idiomas do mundo

    O programa educativo "Idiomas do Mundo"ofrécelle a oportunidade ao alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato de realizar unha actividade de inmersión lingüística no verán do 2019, en inglés, portugués, francés ou alemán, co obxectivo de mellorar a competencia nalgunha das linguas europeas máis faladas no mundo e poder acreditar de modo oficial o nivel acadado consonante o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL).

  • Inicia

    Programa de difusión do espírito empresarial entre o alumnado de Ciclos de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais con apoio e asistencia ao profesorado de Empresa e Iniciativa Emprendedora, mediante a utilización dun software de simulación empresarial e premios ás mellores iniciativas emprendedoras. Os mellores proxectos poderán ser presentados nunha Feira de Ideas Empresariais.

  • Intercambios escolares

    Programa que promove e facilita os intercambios entre os centros educativos sostidos con fondos públicos do municipio con centros doutras comunidades autónomas e doutros países, organizando visitas e itinerarios e a realización de actividades de acordo coa natureza do intercambio.

  • Iso xa non é unha broma: prevención de acoso escolar e ciberacoso

    Taller que promove potenciar as habilidades persoais e o traballo cooperativo das persoas participantes, desde unha perspectiva de xénero, para unha convivencia saudable e previr posibles situacións de acoso escolar.

  • Itinerarios

    Itinerarios pola cidade para coñecer a súa historia e algúns dos edificios emblemáticos mediante actividades de observación.

  • Libres de etiquetas (socialización diferenciada)

    Este taller trata de favorecer que as mozas e os mozos poidan desenvolverse e relacionarse libres de prexuízos, estereotipos de xénero, presións sociais e mediáticas vinculadas co xénero que dificultan unhas relacións interpersoais entre ambos os sexos saudables e en igualdade.

  • Listen and Speak Primaria

    Programa de comprensión auditiva e expresión e interacción oral en lingua inglesa. Orientado á certificación internacional do Trinity College London, de acordo cos niveis do Marco Europeo das Linguas.

  • Listen and Speak Secundaria

    Programa de comprensión auditiva e expresión e interacción oral. Ofértase inglés, francés, alemán, chinés e portugués para galegos nas catro destrezas: comprensión auditiva e expresión oral, así como comprensión e expresión escrita. Orientado á certificación internacional do Trinity College London, de acordo cos niveis do Marco Europeo das Linguas.

  • Luditarde

    O programa Luditarde, baixo o principio e a pedagoxía do lecer e o xogo, realiza actividades relacionadas cun centro de interese urbano, ligado a temas transversais (educación viaria, para a paz, para a saúde, medio ambiental, cívica...) ou a algunha situación relevante, a partir dos cales se desenvolven as áreas de contidos: animación á lectura, animación teatral, lóxica matemática-xadrez, expresión artística, musical, actividades motrices e /ou deportivas e novas tecnoloxías.

  • Madrugadores

    O programa Madrugadores ofrece un servizo de protección, vixilancia e almorzo a escolares dos centros públicos de educación infantil e primaria do Concello da Coruña. O servizo prestarase polas mañás, antes do comezo das clases e nos días lectivos do curso escolar 2018-2019.

  • MUS-E 2018/19

    A finalidade do Programa MUS-E é o traballo desde as artes, no ámbito escolar, como ferramenta que favorece a integración social, educativa e cultural do alumnado e as súas familias, mellorando con iso o seu rendemento na aula.

    MUS-E fai fincapé na importancia do diálogo e a interacción así como o desenvolvemento da creatividade e a imaxinación na práctica educativa para a mellora das aprendizaxes na escola e o traballo en valores.

  • Natación escolar

    O Servizo Municipal de Deportes do Concello da Coruña oferta, para escolares dos centros educativos públicos da cidade, o programa de Natación Escolar co fin de lles posibilitar aos e ás escolares da cidade unha aprendizaxe significativa no medio acuático e un avance das súas técnicas de natación.

  • Nin máis nin menos, só diferentes (sensibilización sobre as diversidades existentes)

    Este taller vai encamiñado a promover a convivencia, a tolerancia, o respecto e o valor da diferenza, da diversidade como un activo de enriquecemento da comunidade, tendo como referencia o marco da Declaración dos Dereitos Humanos e incorporando a perspectiva de xénero.

  • Novas tecnoloxías e consumo

    Lorem ipsum.

  • O aire que nos rodea

    O ser humano coas súas actividades altera e modifica os ciclos da Terra. Polas nosas accións, en moitos casos, as consecuencias son unha elevada contaminación nas capas altas que repercute consecuentemente na nosa saúde. Nisto xogan un papel determinante e singularmente crítico as cidades.

  • O imperio da nube e o avatar oculto: vantaxes e riscos asociados ao uso de internet

    Taller que promove un achegamento, adaptado á idade das persoas participantes, á toma de conciencia das vantaxes e riscos asociados a internet.

  • Ocio educativo

    Actividades de lecer educativo para o período extraescolar

  • Os menores e o consumo

    Programa de Educación para o Consumo, destinado ao alumnado de centros educativos da Coruña.

Resultados: 116

Programas educativos

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?