Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

Programas educativos

  • Ocio educativo

    Actividades de lecer educativo para o período extraescolar

  • Os menores e o consumo

    Programa de Educación para o Consumo, destinado ao alumnado de centros educativos da Coruña.

  • Patios abertos

    Apertura das instalacións exteriores dos colexios, en horario non lectivo, e uso delas como lugares de participación e socialización.

  • Pleno infantil

    O Concello da Coruña, no marco da lexislación vixente, ofrécelles aos centros escolares da cidade a oportunidade de participar na realización dun pleno infantil presidido polo alcalde da cidade.

  • Poténciate Ciencias

    Programa educativo municipal de reforzo educativo para diminuír o fracaso escolar do alumnado escolarizado no Concello da Coruña no curso 2018/2019

  • Poténciate Lecto-escritura

    Programa educativo municipal de reforzo educativo para diminuír o fracaso escolar do alumnado escolarizado no Concello da Coruña no curso 2018/2019

  • Prevención, abordaxe e xestión de conflitos

    Taller que ten por obxecto promover no alumnado actitudes prosociais e saudables, que proporcionen as ferramentas adecuadas para unha abordaxe e xestión saudable e positiva dos conflitos en xeral e ante as situacións relacionadas co consumo de drogas e alcol en particular.

  • Primeiros auxilios nos centros

    Programa que realizan os Servizos de Protección Civil consistente na aprendizaxe de primeiros auxilios, prevención e seguridade nos centros educativos da cidade.

  • Proxecto QVO. Taller para alumnado con altas capacidades intelectuais

    Proxecto de enriquecemento extracurricular para nenos e nenas con altas capacidades.

  • Publicidade e consumo

    Programa de Educación para o Consumo, destinado ao alumnado de centros educativos da Coruña.

  • Radio en valor

    Programa de radio realizado en directo desde os centros educativos da cidade, posterior a unha visita do alumnado destes centros á emisora de Radio Coruña-Cadena Ser. A emisión lévase a cabo dentro do programa "Hoy por hoy A Coruña", de Cadena Ser.

  • Rebumbio matemático

    Actividade para fomentar o espírito cooperativo e de traballo en grupo a través das matemáticas.

  • Reforzo escolar

    Programa educativo municipal de reforzo para diminuír o fracaso escolar do alumnado de primaria e secundaria.

  • Residuos urbanos na Coruña

    Información sobre o Plan de tratamentos de residuos do Concello da Coruña

  • Rutas urbanas animadas

    Percorridos a pé pola cidade para escolares desde os tres ata os oito anos, co obxecto de que coñezan a súa cidade á vez que adquiren actitudes e valores cívicos.

  • Saúde afectivo-sexual (ESO)

    Programa educativo composto por talleres sobre saúde afectivo-emocional e sexual desde unha perspectiva de xénero nos que se traballa e reflexiona sobre as diferenzas de valores emocionais, afectivos e sexuais que nos transmiten segundo sexamos mulleres ou homes e as repercusións que estas diferenzas teñen nas nosas vidas.

  • Sementando Participación

    O proxecto "Sementando Participación" ten como obxectivo xerar un proceso de participación infantil na área metropolitana da Coruña. Está dirixido ao alumnado e profesorado de 5º e 6º de EP. consistirá nun taller de formación para o profesorado e traballarase co alumnado a través de catro talleres de 50 minutos. Cada un finalizarase cun evento final de todo o alumnado participante.

  • Semente

    Programa educativo que pretende fomentar os valores da economía social e o espírito emprendedor a través da creación e xestión dunha cooperativa escolar na aula.

  • Seminarios de motivación para a procura de emprego

    Son un conxunto de intervencións sistemáticas dirixidas a facilitar o tránsito desde a escola á vida laboral activa, desenvolvidas co obxecto de posibilitar que o estudantado de FP dos institutos de ensino secundario do municipio dispoña da información e do asesoramento necesario para acurtar os tempos entre a finalización dos estudos e a incorporación ao emprego.

  • Semuá 2018

    Concertos didácticos centrados en bandas sonoras cinematográficas de obras audiovisuais galegas.

    A terceira edición da Semuá-Semana das Músicas do Audiovisual, organizada pola Academia Galega do Audiovisual en colaboración coa Orquestra Sinfónica de Galicia realizarase entre o 21 e o 26 de outubro na Coruña, baixo a dirección artística do compositor Nani García e co obxectivo de revalidar o éxito de público das dúas edicións anteriores.

  • Somos dous, eu tamén conto (relacións sas de parella)

    Este taller trata de contribuír a que o alumnado tome conciencia e desenvolva unha actitude analítica e crítica fronte á discriminación por razón de xénero e fronte á violencia de xénero.

  • Son futuro: concertos didácticos

    A intención do programa "Son futuro" é ofrecer un plan de formación musical didáctico e progresivo para que o alumnado asista a concertos con programas musicais adaptados, e que estes os vaian acompañando durante todo o seu proceso evolutivo e formativo.

  • Taller de prevención no uso de Internet, redes sociais e xogos interactivos

    Este taller ten como obxectivo:

    • a prevención de risco no uso de internet, redes sociais e xogo interactivo
    • fomentar o uso responsable de internet, novas tecnoloxías, redes sociais e xogos interactivos
    • Identificar situacións de risco e as súas consecuencias
  • Taller para alumnado diagnosticado con TDAH

    Taller para alumnado cun diagnóstico de trastorno por déficit de atención con/sen hiperactividade (TDA-H). Desenvolvésense talleres psicopedagóxicos para todos os grupos e, para o grupo de adolescentes, un taller de creatividade e control de impulsos.

  • Taller sobre valores culturais da comunidade xitana

    O obxecto do taller é sensibilizar o alumnado sobre os valores multiculturais relacionados coa poboación xitana.

Resultados: 122

Programas educativos

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?