Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..
Coñecer o noso medio natural máis próximo, a biodiversidade que se move ao noso arredor.
Dirixido ao alumnado de primaria da cidade, para promover o camiño escolar e a seguridade viaria en todos os centros da cidade, impulsando hábitos de mobilidade saudables nos desprazamentos cotiáns do alumnado para fomentar o desprazamento a pé de nenos/as e familiares nos seus traxectos escolares.
Festival no que se proxectarán as curtametraxes gravadas polo alumnado de 5º e 6º de EP dos centros educativos públicos da cidade participantes nos "Talleres de iniciación á curtametraxe en lingua galega", coordinados e dirixidos por Omar Rabuñal Varela, actor, director e guionista coruñés.
Con este programa a Biblioteca Municipal de Estudos Locais pretende, desde unha formulación lúdica, achegar o alumnado e o profesorado ao mundo da biblioteca para coñecer os seus recursos, organización e servizos.
Visita á Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae
Con este programa as Bibliotecas Municipais pretenden, desde unha formulación lúdica, achegar os nenos e as nenas e o profesorado ao mundo da biblioteca para coñecer os seus recursos, organización e servizos.
As visitas, planificadas para cursos sucesivos, teñen contidos e formatos adecuados ás distintas idades e permiten unha aproximación paulatina ao que é e ao que ofrece unha biblioteca.
Percorrido guiado polas dependencias que configuran cada casa museo
Visitas a diversas entidades da cidade e percorridos guiados para alumnado de centros educativos en horario escolar
Os Xogos Escolares son torneos deportivos dirixidos ao alumnado desde 2º ciclo de EP ata Bacharelato e FP (media e superior) de centros educativos da cidade, e teñen como obxectivo xeral incluír a competición como parte da formación e do desenvolvemento deportivo e persoal do alumnado.
A Asociación de Amigos da Casa das Ciencias convoca anualmente, no Parque de Santa Margarida, da man do estudantado e profesorado de centros educativos, esta mostra co obxectivo de xogar, aprender e participar nunha gran variedade de experiencias científicas, convidando así a espertar a curiosidade pola ciencia.
As XXVII Xornadas de Orientación Universitaria (XOUP 2018-19) ofrecen a oportunidade de coñecer os ciclos formativos e estudos superiores de deseño que se imparten na cidade, así como os estudos universitarios da comunidade autónoma galega.
Programa escolar concibido como un intercambio de representacións entre grupos teatrais. Cada grupo crea/selecciona e ensaia unha obra de teatro para representala en dous centros educativos do Concello.
Os recursos que proporcionan as novas TIC encobren os riscos que pode levar o seu uso inadecuado. O fácil acceso ás redes sociais en liña e a maior presenza de dispositivos móbiles con conexión a Internet entre a mocidade fai necesario informar sobre o uso adecuado destas tecnoloxías.
Este taller promove o uso responsable e seguro das tecnoloxías da información e comunicación (TIC) previndo o seu uso excesivo e inadecuado e fomentando, entre as persoas usuarias máis novas, o bo uso destas tecnoloxías.
Itinerario guiado que parte da praza de María Pita (estatua)
Percorrido pola planta potabilizadora da Telva
Percorrido por un supermercado
Dar a coñecer as funcións do arquivo
Programa que organiza a Federación Provincial de ANPA en colaboración co Concello e que se desenvolverá en 10 centros de educación infantil e primaria da cidade, cun total de 450 prazas.
Percorrido pola Casa museo e lectura dun conto
Visita guiada ao castro de Elviña
Coñecer o Centro de Información Xuvenil
Darlles a coñecer aos mozos e ás mozas da cidade os recursos que teñen dispoñibles en materia de mocidade
Percorrido pola Compañía de tranvías
Visita polas instalacións
Visita á central térmica
Resultados: 116
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible