Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Programas educativos

  • "Veo, veo" 2020-2021

    As cidades e a contorna urbana son ecosistemas en que conviven especies de flora e fauna que se adaptaron a un novo ambiente. Nun medio tan transformado, en que dominan o asfalto e o cemento, estes habitantes atopan lugares e formas para cubriren as súas necesidades vitais. Unha cidade como A Coruña ofrece moitas posibilidades neste sentido: unha longa liña de costa, parques e xardíns de diferente configuración e superficie son os seus principais elementos. É vital que as cidadás e cidadáns omprendamos e valoremos a importancia do mantemento destes lugares pola súa biodiversidade e contribución á calidade ambiental.

  • A maxia da robótica. Obradoiro e concurso galego de robótica 2020-2021

    Trátase dun obradoiro de programación e robótica onde se adquire a formación precisa para participar no concurso. Os conceptos computacionais utilízanse para enfocar e resolver problemas reais, comunicarnos con outras persoas e xestionar múltiples aspectos da nosa vida cotiá.

    Dada a situación de pandemia ,esta actividade realizarase no propio centro educativo por streaming youtube con aclaracións de dúbidas por videoconferencia jitsi, así como o concurso.

  • A mellor estratexia de xogo 2020-2021

    Taller que ten como obxectivo promover entre o alumnado de 5.º e 6.º de educación primaria a prevención do uso inadecuado e a toma de conciencia sobre as vantaxes e inconvenientes dos videoxogos e o establecemento de estratexias sobre a súa utilización.

  • A outra veciñanza 2020-2021

    A presenza de animais acompañando as nosas vidas na cidade é cada vez máis frecuente. Da man diso, nos últimos anos aparecereon diversas normativas que intentan xestionar a súa tenza e adiantarse ou reconducir problemas que enturbian a relación entre os seres humanos e os animais. Promover un coidado responsable e ético; evitar a introdución de especies exóticas ou o comercio de especies vulnerables son tópicos de interese neste ámbito. Xunto a esta veciñanza de carácter doméstico hai outra máis natural que é a miúdo obxecto de críticas polas molestias que xera: as especies silvestres que comparten con nós a cidade. Ratos, estorniños, pombas ou gaivotas son as máis coñecidas.

  • A pandemia da Covid-19

    Até ben entrado o século XX, os virus constituían un misterio invisible. Eran de importancia transcendental pero indetectables como o neutrón, por poñer un exemplo. Os descubrimentos microbianos de Antón van Leeuwenhoek non os detectaban, como tampouco os avances bacteriolóxicos de Pasteur ou Koch, 200 anos despois. De súpeto un coronavirus cambiou por completo a nosa vida, como só o conseguiran antes as peores guerras da humanidade. Afondemos un pouco máis o coñecemento destes patóxenos.

  • A que tren sobes? Prevención de consumo de tabaco e alcol 2020-21

    Taller que ten como obxectivo previr o inicio do consumo e o uso de alcol e tabaco nos e nas menores, traballando as competencias sociais, os factores protectores e facendo unha análise práctica dos riscos do seu consumo.

  • A rede e as súas redes. Prevención de riscos asociados ao uso da internet 2020-21

    Este obradoiro ten como obxectivo promover a toma de conciencia dos riscos asociados ao uso da internet e facilitar habilidades para se mover con seguridade neste novo "hábitat".

  • Alcance: prevención de hábitos nocivos asociados ao comezo do consumo de drogas 2020-2021

    O obradoiro combina a intervención grupal con intervencións individuais, en casos de risco verificado, co/a menor e a súa familia.

    O centro escolar que detecte un caso concreto de conduta problemática asociada ao comezo de consumo de drogas e estea interesado nesta actuación pode solicitar esta intervención.

  • Alimentación e consumo 2020-21

    Programa de Educación para o Consumo, destinado ao alumnado de centros educativos da Coruña

  • Apoio escolar primaria 2020-2021

    Programa educativo municipal de reforzo educativo para diminuír o fracaso escolar do alumnado escolarizado no Concello da Coruña no curso 2020/2021.

  • Apoio escolar secundaria 2020-21

    Programa educativo municipal de reforzo educativo para diminuír o fracaso escolar do alumnado escolarizado no Concello da Coruña no curso 2020/2021

  • Arte e cultura no centro 2020-21

    O programa de "Arte e cultura no centro" é unha proposta de lecer educativo que complementa a xornada lectiva, persegue o desenvolvemento integral (físico, intelectual e social) dos nenos e nenas nunha contorna lúdica, de diversión e entretemento (aprender xogando) e comprende un amplo abano de actividades artísticas e culturais. Organízanse a través de dúas propostas diferenciadas: "Obradoiros" e/ou "Proxectos".

  • Campacoles 2020-21

    A Federación Provincial das ANPA en convenio co Concello da Coruña, co fin de lles dar resposta ás necesidades de conciliación das familias nos períodos vacacionais, leva a cabo o programa de actividades Campacole, baixo o formato de campamentos urbanos con servizo de madrugadores e comedor.

    Estes campamentos levaranse a cabo en diversos CEIP da Coruña (por determinar).

  • Compras seguras 2020-21

    Programa de Educación para o Consumo, destinado ao alumnado de centros educativos da Coruña

  • Concurso sensores para todas/os 2020-21

    Sensores para todos é un certame no que, a través do obxectivo explícito de achegar a xente nova á programación e ao uso das moi activas tecnoloxías electrónicas e robóticas, busca fomentar a súa creatividade, a capacidade de resolución de problemas e a investigación no campo STEM -Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, e Matemáticas- á vez que se desenvolven aptitudes e actitudes para o traballo en equipo e a aprendizaxe compartida.

  • Consumo consciente, colaborativo e responsable 2020-21

    Programa de Educación para o Consumo, destinado ao alumnado de centros educativos da Coruña

  • Converxencias arte e ciencia. Visitas escolares á exposición e taller 2020-21

    A exposición "Converxencias, arte e ciencia", organizada pola Institución Galega de Ciencia (IGACIENCIA) e o Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, enmárcase dentro das actividades de difusión da ciencia e da cultura científica na sociedade, para mostrar as sinerxías e vínculos entre a arte e a ciencia, propiciar a comprensión do método científico, a resolución de problemas, o espírito crítico e o interese social pola ciencia e a innovación como base do progreso.

  • Cóxegas 2020-2021

    O programa Cóxegas é unha proposta que lle dá resposta á demanda de conciliación familiar e laboral para familias con fillas e fillos escolarizados en centros públicos en tempo extraescolar, durante os períodos en que as ANPA non desenvolven actividades extraescolares (setembro e xuño).

  • Deporte no centro 2020-2021

    É un programa integral de actividades físico-deportivas para o alumnado dos centros educativos públicos da cidade, desde a filosofía do 'deporte para todos'.

    As propostas deportivas realízanse en horario extraescolar, nas propias instalacións dos centros e, os eventos especiais e competicións, nas instalacións deportivas municipais.

  • Dereitos e deberes das persoas consumidoras 2020-21

    Programa de Educación para o Consumo, destinado ao alumnado de centros educativos da Coruña.

  • Educación viaria coa Policía 2020-2021

    O programa de Educación Viaria do Concello da Coruña é unha actividade dirixida e realizada pola Policía Local da nosa cidade. Busca mellorar a seguridade viaria das/os escolares mediante unha formación adecuada e adaptada ás necesidades e diversidade dos grupos, destacando a transmisión de valores e actitudes de condutas cívicas, e polo tanto, viarias.

  • Enerxía e cambio climático 2020-21

    A enerxía é vital para o desenvolvemento das nosas actividades cotiás. A enerxía somática, que obtemos co metabolismo dos alimentos, sería a primeira. A partir de aí, o resto das enerxías obtémolas da transformación dos diferentes recursos: centrais térmicas, hidroeléctricas, nucleares, eólicas...

  • English Lab 2020-2021

    O título do programa componse de dúas palabras:

    1) ENGLISH: fai referencia ao idioma inglés, que é o núcleo sobre o que xira o programa.

    2) LAB: é abreviatura de "laboratory", para formular os "experimentos" que darán lugar á interacción da lingua inglesa con diferentes áreas de contidos.

    Deste xeito, expresa a capacidade e potencial creativos que demandará o programa do alumnado participante e que se pretende manifestar coa posta en práctica das diferentes actividades que protagonizarán o día a día do proxecto.

  • Fuga de cerebros: habilidades sociais fronte ás drogas 2020-21

    Taller para fomentar no alumnado as habilidades de comunicación e as competencias para a toma de decisións autónomas e saudables que actúan como factores de protección fronte ao comezo do consumo de drogas.

  • Inicia 2020-21

    Programa de difusión do espírito emprendedor entre o alumnado de Ciclos formativos e Educación superior de centros públicos (ou privados cos que se asine convenio), mediante a titorización/mentorización dos seus proxectos empresariais.

resultados 53

Programas educativos

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión