As presentes instrucións, ditadas polo Servizo Municipal de Educación (SME en adiante), teñen por obxecto regular o proceso de admisión nas escolas infantís integradas na rede de escolas infantís municipais (REIM en adiante) do Concello da Coruña para o curso 2021-2022.
O Concello da Coruña é titular da rede de escolas infantís municipais composta por 9 centros.
A adxudicación de prazas está sometida aos criterios de baremación sinalados nas Bases reguladoras do proceso de admisión nas escoals infantís integradas na REIM para o curso 2021-2022 publicadas no BOP nº 44 do 8 de marzo de 2021.
RESERVA DE PRAZA
Os/as menores escolarizados/as na REIM terán dereito a renovar a praza na súa escola nas datas que se indiquen, sempre e cando estean ao día no pagamento das tarifas mensuais.
Poderase solicitar praza noutra escola da REIM sempre que se cumpra o requisito anterior e se teña un irmán ou unha irmá na escola solicitada e, en caso de ser un/unha menor con NEAE, que non haxa outro/a na unidade na que se solicite ingresar.
As familias que estean nesta situación presentarán na secretaría da escola a seguinte documentación:
LUGAR DE SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA E PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN: Nas secretarías das escolas infantís.
DATAS PARA A RESERVA DE PRAZA: desde o 4 ata o 10 de marzo de 2021
PRAZAS VACANTES PARA O CURSO 2021-2022
Consulta a relación de Vacantes REIM curso 2021-2022
NOVOS INGRESOS
Establécense dúas modalidades:
CARÁCTER PREFERENTE:
Terán carácter preferente, sen que sexan obxecto da baremación sinalada no apartado IV, as solicitudes de prazas correspondentes a nenos/as empadroados/as no Concello da Coruña cuxas circunstancias sexan as seguintes:
DOCUMENTACIÓN:
Todas estas situacións enumeradas deberán acreditarse documentalmente para xustificar a súa preferencia.
No caso de alumnado con necesidades educativas especiais, deberá acreditarse a concorrencia desta circunstancia.
CARÁCTER ORDINARIO
As solicitudes de novo ingreso que non teñan carácter preferente serán obxecto de baremación de cara á asignación de prazas.
REQUISITOS DE ACCESO PARA O PROCESO DE ADMISIÓN DE NOVO INGRESO
CRITERIOS DE BAREMACIÓN PARA AS SOLICITUDES DE NOVO INGRESO DE CARÁCTER ORDINARIO
Tramos IPREM |
Puntuación |
Rendas inferiores a 12.000 € |
7 puntos |
Rendas comprendidas entre 12.001 e 17.500 € |
6 puntos |
Rendas comprendidas entre 17.501 e 23.000 € |
5 puntos |
Rendas comprendidas entre 23.001 e 28.500 € |
4 puntos |
Rendas comprendidas entre 28.501 e 34.000 € |
3 puntos |
Rendas comprendidas entre 34.001 e 39.500 € |
2 puntos |
Rendas comprendidas entre 39.501 e 45.000 € |
1 punto |
Rendas superiores a 45.000 € |
|
Situación sociofamiliar |
Puntuación |
Menor solicitante cunha diversidade funcional igual ou superior ao 33% |
3 |
Condición de familia monoparental* |
2 |
Condición de familia numerosa** |
2 |
Por cada proxenitor/a que forme parte da unidade familiar cunha diversidade funcional superior ao 33% |
1 (máximo 2) |
Irmáns ou irmás solicitando praza simultaneamente |
2 |
*Enténdese por familia monoparental a unidade familiar formada por unha única persoa proxenitora que non conviva con outra persoa coa que manteña unha relación análoga á conxugal, e os fillos ou fillas menores ao seu cargo sempre que o outro proxenitor ou proxenitora non contribúa economicamente ao seu sustento.
**Enténdese por familia numerosa a integrada polos membros sinalados de conformidade cos artigos 2 e 4 da Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas.
Situación sociolaboral |
Puntuación |
Ocupación laboral dos dous ou dúas proxenitores/as ou con impedimento acreditado para atender a/o nena/o |
6 |
Ocupación laboral de 1 dos/as proxenitores/as con impedimento acreditado polo outro para atender o/a neno/a |
3 |
Condición de familia monoparental traballando ou con impedimento acreditado para atender a/o nena/o |
6 |
En caso de empate entre varias solicitudes resolverase o desempate priorizando aquelas persoas solicitantes que conten con menores ingresos de renda. En caso de continuar o empate utilizarase o desempate por letra (tomaranse como referencia as letras do proceso de admisión 2021-2022 da Consellería de Educación).
LUGAR DE PRESENTACIÓN E DOCUMENTACIÓN
Poderán solicitar praza aquelas persoas que reúnan os requisitos sinalados no apartado REQUISITOS DE ACCESO PARA O PROCESO DE ADMISIÓN DE NOVO INGRESO. Só se poderá solicitar praza nun máximo de dúas escolas e deberase indicar a prioridade entre elas. A adxudicación de prazas realizarase tendo en conta a escola infantil seleccionada como primeira na orde de preferencia da solicitude.
A adxudicación dunha praza na escola indicada con carácter prioritario implicará a eliminación das listaxes da segunda opción solicitada.
As persoas interesadas deben facer unha inscrición en liña na web municipal www.coruna.gal/educacion a través da ficha específica "Solicitude de praza na escola infantil 2021-2022". Unha vez feita e cuberta a ficha, o sistema elabora un xustificante (documento PDF) que achegará ao correo electrónico facilitado no momento de ter feito a solicitude. Este documento deberase IMPRIMIR, ASINAR E PRESENTAR no rexistro xeral xunto co resto da documentación no prazo de presentación das solicitudes. Non se considerará efectuada a solicitude mentres non se presente no rexistro municipal.
O xustificante ten un número de identificación (ID) que será o de referencia de cada expediente no proceso e para localizar as persoas solicitantes nas listaxes publicadas.
A DOCUMENTACIÓN que cómpre presentar no rexistro municipal será a seguinte:
ACCESO CON CARÁCTER PREFERENTE:
Documentación obrigatoria:
As persoas interesadas deben facer unha inscrición en liña na web municipal www.coruna.gal/educacion a través da ficha específica "Solicitude de praza na escola infantil 2021-2022". Unha vez feita e cuberta a ficha, o sistema elabora un xustificante (documento PDF) que achegará ao correo electrónico facilitado no momento de ter feito a solicitude. Este documento deberase IMPRIMIR, ASINAR E PRESENTAR no rexistro xeral xunto co resto da documentación no prazo de presentación das solicitudes. Non se considerará efectuada a solicitude mentres non se presente no rexistro municipal.
O xustificante ten un número de identificación (ID) que será o de referencia de cada expediente no proceso e para localizar as persoas solicitantes nas listaxes publicadas.
ACCESO CON CARÁCTER ORDINARIO:

LUGAR DE PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN
A documentación e a ficha de solicitude asinada polos dous proxenitores deberá presentarse, preferiblemente, no rexistro electrónico do Concello (https://sede.coruna.gob.es), nos rexistros municipais ou por calquera outro medio permitido pola Lei de Procedemento Administrativo.
Debido ás indicacións sanitarias a causa da pandemia do coronavirus, para acudir a calquera dos puntos de Rexistro e atención cidadá do Concello da Coruña é necesario solicitar cita previa (Cita Previa (coruna.gal)
Direccions:
* Concello de A Coruña. Praza de María Pita, nº 1. C.P. 15001, A Coruña. (Cita Previa (coruna.gal)
* Rexistro Auxiliar A Franxa. Rúa da Franxa, nº 20. C.P. 15001, A Coruña. (Cita Previa (coruna.gal)
* Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos nº 1 C.P. 15006, A Coruña. (Cita Previa (coruna.gal)
* Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora s/n C.P. 15010, A Coruña. (Cita Previa (coruna.gal)
DATAS DO PROCESO DE ADMISIÓN
RESERVA PRAZA |
4-10 MARZO |
|
PUBLIC. PRAZAS VACANTES OFERTADAS |
12 MARZO |
|
PRAZO SOLICITUDE NOVOS INGRESOS |
15-30 MARZO |
|
PUBLIC. LISTAXES DE SOLICITUDES ADMITIDAS/NON ADMITIDAS |
12 ABRIL |
|
PRAZO SUBSANACIÓN DOCUMENTACIÓN |
13-26 ABRIL |
|
PUBLICACIÓN LISTAS PROVISIONAIS |
10 MAYO |
|
PRAZO PARA PRESENTAR ALEGACIÓNS |
11-25 MAYO |
|
PUBLICACIÓN LISTAS DEFINITIVAS |
3 JUNIO |
|
MATRÍCULA |
7-11 JUNIO |
|
INICIO CURSO 2021/2022 |
6 SETEMBRO |
INSCRICIÓN EN LIÑA
ACCEDA AQUÍ PARA REALIZAR A SOLICITUDE DE PRAZA DA REDE DE ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS 2021-2022
As persoas interesadas deben facer unha inscrición en liña na web municipal www.coruna.gal/educacion a través da ficha específica "Solicitude de praza na escola infantil 2021-2022". Unha vez feita e cuberta a ficha, o sistema elabora un xustificante (documento PDF) que achegará ao correo electrónico facilitado no momento de ter feito a solicitude. Este documento deberase IMPRIMIR, ASINAR E PRESENTAR no rexistro xeral xunto co resto da documentación no prazo de presentación das solicitudes. Non se considerará efectuada a solicitude mentres non se presente no rexistro municipal.
O xustificante ten un número de identificación (ID) que será o de referencia de cada expediente no proceso e para localizar as persoas solicitantes nas listaxes publicadas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible