Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Proxectos educativos de EIM Arela

Proxectos educativos da Escola Infantil Municipal Arela

Adaptación á escola. A formación de novos vínculos

A entrada dos nenos e nenas na escola infantil é un proceso que coidamos especialmente na escola, e no cal tratamos de implicar ao máximo as familias.

Antes do comezo do curso enviamos á casa unha postal coa foto do titor ou titora que vai ter o/a neno/a e desta forma pódese familiarizar coa nova cara.

Os primeiros días de curso organizamos os horarios de tal maneira que os/as pequenos/as se vaian incorporando progresivamente á aula e a partir da terceira semana de setembro, na que a escola comeza a funcionar co horario completo, aqueles nenos que se despidan sen angustia e permanezan a maior parte do tempo tranquilos e contentos na aula xa poden comezar a facer máis horario no centro.

A implicación e colaboración das familias é fundamental para cumprir estes obxectivos. Os primeiros días permanecen na aula e imos facendo despedidas e aumentando gradualmente o tempo que o/a neno/a está sen acompañante.

Na primeira semana de setembro facemos as primeiras reunións de aula para falar coas familias sobre a importancia e o desenvolvemento do período de adaptación, así como o importante papel que teñen como adultos de referencia dos nenos.

A maxia do xogo

A través desta actividade o obxectivo é estimular o xogo dos nenos e das nenas mediante unha serie de sesións adaptadas a cada idade:

  • O cesto dos tesouros (0 a 1 anos)
  • Xogo heurístico (1 a 2 anos)
  • Xogo por esquinas (2 a 3 anos)

Para isto contaremos con momentos concretos dentro da xornada e con materiais específicos, destacando o aproveitamento de materiais de residuos nos tres tipos de xogo, sendo moitos destes últimos achegados polas familias.

Taller de cociña

Esta actividade desenvólvese nas aulas de 2 anos, a partir do mes de marzo, aproximadamente.

En pequenos grupos de 5 nenos e nenas, convertémonos en cociñeiros e elaboramos receitas sinxelas e saudables que nos permitan adquirir habilidades de traballo autónomo, cooperación e desenvolvemento nun espazo que non é o habitual, xa que esta actividade realizámola na cociña da escola.

De viaxe polo mundo

No mes de setembro o claustro da escola escolle unha temática sobre a que xirará a nosa vida durante ese curso. Este ano a temática elixida foi: "De viaxe polo mundo".

A partir deste eixo temático cada aula é un país do mundo, algo que nos identificará a cada aula durante todo o curso e levaranos a coñecer aspectos como: música, comida, vestimentas, tradicións etc.

Para que sexa significativo para os nenos e nenas, cada aula terá un panel identificativo feito a partir das fotos dos nenos da aula, e tamén unha canción creada a partir dunha melodía coñecida e cunha letra que fai referencia ás características ou lugares dese país.

Na seguinte ligazón pódense ver os paneis de aula: http://www.eiarela.com/gl/fotos-dos-paneis-de-aula

Todo este traballo reflíctese especialmente na celebración da Festa de Entroido, que cada curso realizamos na escola e ten unha participación moi activa das familias; as nais e pais colaboran na elaboración dos disfraces dos nenos e dos adultos e moitos tamén se animan a participar nunha pequena actuación para amenizar a festa.

Voz Natura

Proxecto de educación ambiental a través do cal o alumnado adquirirá valores de conservación do medio, traballando arredor de aspectos como: separación do lixo, e consumo responsable de auga e enerxía.

Ao longo deste proxecto centrarémonos tamén nos cultivos da nosa horta escolar. Ademais contamos tamén con mini hortas dentro das aulas para ver o crecemento dos cultivos de forma máis directa.

Outro aspecto que traballamos relacionado cos cultivos é coñecer a orixe dos alimentos que consumimos habitualmente, descubrindo que antes de chegar ao supermercado estiveron: na horta, no mar, na granxa etc.

As actividades que desenvolvemos poden verse no blog de Voz Natura.

Tamén che pode interesar

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión