Concello da Coruña

Concello da Coruña

Proxectos educativos de EIM Carricanta

Proxectos educativos de EIM Carricanta

Con moitas mans faremos un mundo de cor

Proxecto de Educación para a Paz onde a través de diferentes tipos de mans abarcamos diferentes ámbitos de paz.

Como ámbitos de traballo destacamos: as mans e as emocións, da man dos personaxes, o noso afillado Venkathes, o Mercadillo, as mans de cores noutras contornas, da man dos artistas, ao ritmo das mans...

Teño o corazón contento

Proxecto de Educación para a Saúde onde se abarcan aspectos da saúde en xeral, alimentación, hixiene, soño e vida sa.

Destacamos a proposta específica "Hoxe non durmo só", onde o afecto e as emocións acompañan os momentos de soño e descanso, tanto na casa como na escola.

Mans seguras

Proxecto de Educación Viaria baseado nunha mobilidade autónoma e segura integrando normas e hábitos que perdurarán para sempre.

Dentro deste proxecto presentamos "Anquiñas", unha adaptación do proxecto de mobilidade ANCAS á nosa escola desenvolvéndoo conxuntamente e co asesoramento de Stop Accidentes.

Descubrindo o cinema da man de Segundo de Chomón

Un proxecto iniciado o curso pasado que nos permite un achegamento ao máxico mundo do cinema da man dun cineasta de principios do século XX.

A través do traballo de diferentes curtas de cinema mudo deste autor vémonos inmersos nun mundo de descubrimentos.

Plataforma pola igualdade e contra a violencia de xénero

Unha plataforma de traballo onde participamos coa asociación de veciños IAR, Centro Cívico do Castrillón, o IES Monte das Moas, a Biblioteca do Castrillón e o CEIP Fernández Latorre.

Na devandita plataforma está integrado pola escola e a AMPA participando activamente nas reunións e propostas que se presentan.

Proxecto de Inglés: "Colored Hankies"

Este proxecto completa a actividade de inglés ofertada polo concello para os nenos e as nenas dos grupos de 2 anos.

Expoñemos un proxecto específico relacionado coa proposta pedagóxica da escola e cunha formulación eminentemente lúdica. A proposta desenvólvese implicando os nenos e as nenas desde o primeiro momento, en diferentes actividades: rutinas, xogos, música, cancións..., nas que teñen un papel totalmente activo e participativo.

Para levar a cabo esta proposta tomaremos como fío condutor os panos de cores: un recurso que nos dá a posibilidade de a través das mans de cores expoñernos todos os contidos que van ser a base das experiencias.

En mans dos avós

O tema dos "nosos maiores" é moi entrañable e próximo. No caso das/os nosos peques a figura dos avós e avoas xoga un papel moi importante e nós compartimos moitos momentos con eses avós que, nalgúns casos, están máis presentes na escola que os pais.

Este proxecto presenta unha dobre vertente de traballo, por unha banda o traballo cos propios avós e avoas da escola, e por outro, o traballo e o compartir experiencias co centro de maiores Boanovandanza.

A igualdade está nas nosas mans

Somos conscientes de que nas idades que nos ocupan é moi importante o traballo da igualdade, xa que nesta etapa é onde se asentan os cimentos dos valores que perdurarán no tempo.

Neste momento a nosa sociedade está afanada neste tema, xa que a desigualdade, a discriminación e a violencia de xénero están máis presentes do que a todos nos gustaría. É hora de asumir responsabilidades e facernos eco do que na nosa contorna está a suceder. Para iso deseñamos este proxecto que xa estamos a levar a cabo.

Cintas de vento

Un proxecto multicultural que estamos a facer conxuntamente con outras escolas infantís e outros centros da nosa cidade e de Tete (Mozambique).

Tamén che pode interesar

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión