Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Proxectos educativos de EIM Os Cativos

Proxectos educativos de EIM Os Cativos

O ritmo do noso corpo

O corpo ten movemento: desprazámonos, bocexamos, o corazón latexa... percibimos todo o que ocorre ao redor cando ulimos, saboreamos, oímos, vemos, tocamos. Podemos variar as cousas que nos rodean co noso sorriso, cantando, construíndo, creando...

Tubularritmos e caixas

Observamos o ritmo e as características da luz, dos sólidos, do son, do aire, e dos líquidos a través de tubos e as caixas: variando as características do tubo e da caixa: tamaños, materiais, posicións, abertos-cerrados..

E variando as características dos elementos que interrelacionan: tamaños, dureza, formas... Diferentes elementos como teas, pelotas, cordas, area...

O ritmo da natureza

As estacións, o día e a noite, as plantas, o seu cultivo... A transformación dos alimentos e outros produtos da nosa plantación.

O curro de Neves

Creamos espazos con diferentes elementos para realizar eventos e como introdución aos distintos talleres.

Outono, inverno, primavera e verán. Magosto, Nadal, día da paz, Entroido...

Visita ao curro da nosa veciña e amiga Neves.

Ciencia na rúa

Forma parte do noso proxecto traballar cientificamente. Proporcionarlles aos nenos e nenas ferramentas coas que poidan resolver os diferentes enigmas que se lles vaian presentando na súa relación coa vida. Ferramentas como a curiosidade, a capacidade de observar, de montar e desmontar, de abrir. Con este taller participamos nun proxecto de ciencia moi social, con moitos participantes e veciños e veciñas cos que compartir. Trátase dun taller clave para que se formen como cidadáns/ás críticos/as, respectuosos/as, activos/as e responsables.

Tamén che pode interesar

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión