Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Proceso de admisión de alumnado na Rede de Escolas Infantís Municipais (curso 2015-2016)

Enderezo:

..

PRAZOS

Reserva de praza e matrícula para o alumnado da escola: 7 a 17 de abril do 2015 (ambos inclusive).

Recollida e presentación do impreso de matrícula na propia escola, achegando os documentos esixidos para acreditar a situación económica ou familiar respecto ao curso actual.

Prazas libres (en cada escola e na web: www.edu.coruna.es): 24 de abril do 2015

Sorteo público: realizado o 25 de febreiro do 2015 ás 11:00 h na Sala de Xuntas B na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, onde se extraen dúas letras que dan prioridade a aquelas persoas solicitantes cuxo primeiro apelido comece polas dúas letras resultantes do sorteo, continuando na terceira letra por orde alfabética. En caso de coincidencia no primeiro apelido establecerase a prioridade aplicando o mesmo criterio ao segundo apelido.

Prazo de solicitude (1ª vez): 27 de abril ao 15 de maio do 2015, ambos inclusive (recollida e presentación do impreso de solicitude nas secretarías de cada centro, xunto coa documentación).

Reunión de baremación do Consello Escolar de cada escola infantil: 18, 19 e 20 de maio do 2015

Reunión da Comisión de Escolarización: 22 de maio do 2015

Publicación da relación provisional de puntuacións obtidas: 26 de maio do 2015 (en cada escola infantil ou a través da páxina web: www.edu.coruna.es)

Prazo de reclamacións: 26, 27 e 28 de maio do 2015. As reclamacións consideraranse resoltas coa publicación das puntuacións definitivas. Durante este período, non serán admitidos nin valorados novos documentos que non fosen presentados no prazo de presentación de solicitudes.

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e listas de espera: 1 de xuño do 2015 (en cada escola infantil ou través da páxina web: www.edu.coruna.es)

Formalización da matrícula: 1 a 12 de xuño do 2015, ambos inclusive (na escola infantil adxudicada)

Inicio do curso escolar: 3 de setembro do 2015

CRITERIOS QUE HAI QUE SEGUIR PARA A SOLICITUDE

  • Só poderá solicitar praza nun máximo de 2 Escolas Infantís Municipais.
  • Presentarase a solicitude e a documentación en cada unha das escolas.
  • De incumprir os puntos anteriormente descritos, a persoa solicitante pasará a ocupar o último lugar da lista, independentemente da puntuación obtida.
  • O alumnado debe ter como mínimo 3 meses de idade na data do comezo do curso e non ter cumpridos os 3 anos de idade o 31 de decembro do ano 2015.

DOCUMENTACIÓN

As copias dos documentos solicitados deberán ir acompañadas do orixinal para ser cotexadas no propio centro. A presentación destes documentos ten carácter obrigatorio. A non presentación destes documentos dentro do prazo de solicitude establecido, supoñerá a renuncia implícita a ser baremado no apartado correspondente.

Documentación xeral

  • Impreso de solicitude de praza (facilítase en cada escola infantil ou pódese descargar desde a páxina web: www.edu.coruna.es)
  • Volante de convivencia (orixinal)
  • Copia do DNI de ambas as persoas proxenitoras ou titoras (NIE no caso de estranxeiros/as).
  • Impreso de autorización para a obtención dos datos tributarios do ano fiscal que corresponda (asinado por ambos os pais), tanto se se opta por tributación conxunta ou individual. As persoas non obrigadas a declarar presentarán igualmente a dita autorización. O cómputo da renda anual realízase mediante a suma dos cadros 366 e 374 da declaración da renda. Non se terán en conta os datos das familias sobre as que Facenda non certifique o peche do ano fiscal correspondente ou non estean dados de alta na Axencia.
  • Copia do Libro de Familia ou documento que o substitúa legalmente.
  • Copia do Título de Familia Numerosa (de ser o caso).
  • Copia do Certificado de Discapacidade expedido polo órgano competente (se procede).

Acreditación da situación laboral das dúas persoas proxenitoras ou titor/a legal

Traballadores/as en activo:

  • Por conta allea: certificado de empresa (impreso) ou vida laboral, con data do mes de abril ou maio.
  • Por conta propia ou autónomos: último recibo do pago da cota á Seguridade Social no Réxime Especial de Persoas Traballadoras por conta propia ou da correspondente mutualidade.

Demandantes de emprego:

  • Certificación de ser demandante de emprego expedida polo Servizo Público de Emprego da nai, do pai ou titor/a legal, con efectos desde o mes de abril.

Baixas maternais ou excedencias de traballo:

  • Xustificante da Seguridade Social ou certificado da empresa, respectivamente, coa indicación da data de incorporación, que deberá ser anterior ao 1 de outubro.

Documentación para casos especiais

  • No caso de separación ou divorcio: copia da sentenza e do convenio regulador ou resolución de medidas paterno-filiais.
  • Familias monoparentais (formadas por unha única persoa proxenitora, con fillos menores ao seu cargo, que non conviva con outra persoa coa que manteña unha relación análoga á conxugal e sempre que a outra persoa proxenitora non contribúa economicamente ao seu sustento): no caso de parellas de feito separadas, e cando ambos os pais figuren no Libro de Familia (ou documento que legalmente o substitúa), para ser consideradas familia monoparental, deben achegar documento do Xulgado que outorgue a custodia ou tutela dos/as fillos/as a unha das persoas proxenitoras.
  • En caso de acollemento familiar: copia da resolución administrativa.

Documentación para a solicitude de redución de tarifa. Para poder solicitar a redución de tarifa, ambos os pais do/a alumno/a (ou as súas persoas titoras) deben estar empadroados no Concello da Coruña e ser contribuíntes del.

  • Impreso de solicitude (facilitado nas escolas infantís) o cal, inclúe declaración responsable de veracidade dos ingresos declarados, e calquera outro documento que se considere necesario para completar os datos achegados ao solicitar a praza.

Calquera discrepancia na interpretación destas directrices, resolverase a criterio do Servizo Municipal de Educación.

BAREMOS E TARIFAS REIM

ESCOLAS PERTENCENTES Á REDE DE ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS - REIM

  • Escola Infantil Municipal Agra do Orzán - zona Agra do Orzán
  • Escola Infantil Municipal Arela - zona Elviña
  • Escola Infantil Municipal Caracola - zona Mesoiro
  • Escola Infantil Municipal Carrincanta - zona Castrillón
  • Escola Infantil Municipal Os Rosales
  • Escola Infantil Municipal Luís Seoane - zona Monte Alto
  • Escola Infantil Municipal Monte Alto
  • Escola Infantil Municipal Os Cativos - zona Palavea
  • Escola Infantil Carmen Cervigón (Titularidade: Instituto Benéfico Social Padre Rubinos)

NORMATIVA

Aprobación inicial do Regulamento de organización e funcionamento das escolas infantís integradas na rede de escolas infantís municipais (REIM) do Concello da Coruña, publicada no BOP núm. 31 do 14 de febreiro do 2014.

Aprobación definitiva do Regulamento de organización e funcionamento das Escolas Infantís integradas na Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM) do Concello da Coruña, publicada no BOP núm. 72 do 15 de abril do 2014.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión