Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

Información xeral

A REIM é unha rede integrada por escolas infantís de titularidade municipal, xestionadas por concesionarias, que escolarizan a menores de 0 a 3 anos empadroados/as, preferentemente, no termo municipal do concello da Coruña.

Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM)

Constituída por 9 escolas que atende a menores de 0 a 3 anos:

  • EIM A Caracola
  • EIM Agra do Orzán
  • EIM Arela
  • EIM Carricanta
  • EIM Os Rosales
  • EIM Luís Seoane
  • EIM Monte Alto
  • EIM Os Cativos
  • Escola Infantil Carmen Cervigón

A titularidade perténcelle ao Concello da Coruña quen lles encarga a xestión a empresas concesionarias, excepto no caso da escola infantil Carmen Cervigón xestionada polo IBS Padre Rubinos, entidade coa cal o concello ten asinado un convenio de colaboración.

Todas as escolas están sometidas á normativa vixente para as escolas do primeiro ciclo de Educación Infantil (0-3 anos), e ao Regulamento de organización e funcionamento da Rede de Escolas Infantís Municipais do Concello da Coruña, publicado no BOP da Coruña o 15 de abril de 2014.

Ademais, réxense por un Regulamento de Réxime Interno propio e identificativo, no que se recollen as normas de convivencia, de organización e funcionamento de cada unha delas.

A REIM ofrece un servizo educativo de calidade para a primeira infancia, entendendo a educación como un dereito do/a neno/a para o desenvolvemento integral da súa personalidade (físico, afectivo, intelectual, moral e social), nun ambiente adecuado ás súas necesidades e en contacto con outros/as nenos/as. Esta función educativa é complementaria á educación recibida no seo do propio ambiente familiar.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?