Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

Calendario

A REIM é unha rede integrada por escolas infantís de titularidade municipal, xestionadas por concesionarias, que escolarizan a menores de 0 a 3 anos empadroados/as, preferentemente, no termo municipal do Concello da Coruña.

Reserva de praza

Os nenos e nenas escolarizados/as durante o curso 2017-2018 na Rede de Escolas Infantís Municipais terán dereito á renovación da súa praza nas seguintes datas:

  • Do 3 ao 12 de abril de 2018 na propia escola

(Esíxese para a renovación: estar ao día no pago das cotas mensuais e actualizar a documentación da situación económica, familiar e de residencia no municipio)

Novos ingresos para menores nados/as en 2016, 2017 e 2018

  • Publicación de prazas dispoñibles: 16 de abril
  • Prazo de solicitude: do 17 abril ao 4 de maio (ambos os dous incluídos)

Documentación REIM

Poderase solicitar praza nun máximo de 2 escolas infantís municipais. Presentarase a documentación esixida en cada unha delas. De incumprirse esta norma, a persoa solicitante pasará a ocupar o último lugar na relación de solicitudes, independentemente da puntuación obtida. Unha vez cerrado o prazo de solicitudes non se permitirá a alegación nin a xustificación de méritos.

  • Consellos escolares: 8 e 9 de maio
  • Comisión de escolarización: 11 de maio
  • Publicación de listas provisionais: 14 de maio
  • Prazo de reclamacións: do 15 ao 29 de maio

As reclamacións consideraranse resoltas coa publicación das puntuacións definitivas. Durante este período, non serán admitidos nin valorados novos documentos que non fosen presentados no prazo de presentación de solicitudes.

Rematado o prazo de reclamacións realizaranse os novos consellos escolares: 30 de maio e Comisión de escolarización: 31 de maio)

  • Publicación de listas definitivas e listas de espera: 1 de xuño
  • Prazo de matrícula: do 1 ao 14 de xuño

INICIO DO CURSO ESCOLAR 2017-2018: 5 de setembro do 2018

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?