Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

Documentación

Poderá solicitarse praza nun máximo de 2 escolas infantís municipais. De incumprirse esta norma, a persoa solicitante pasará a ocupar o último lugar da relación de solicitudes, independentemente da puntuación obtida. A documentación presentarase por separado en cada unha delas e no horario de secretaría de cada escola.

As familias interesadas en solicitar praza nalgunha escola da rede municipal para o curso 2018-2019 presentarán a seguinte documentación na/s escola/s correspondente/s:

Descarga de documentos

Documentación obrigatoria

  • Impreso de solicitude de praza: facilitado en cada escola da REIM e na web www.coruna.gal/educacion
  • Volante de convivencia (documento orixinal con data actualizada de abril ou maio)
  • Fotocopia do DNI/NIE ou documento acreditativo de identidade de ambos os proxenitores ou titores legais (deberá achegarse co orixinal)
  • Fotocopia do libro de familia ou documento que o substitúa legalmente (deberá achegarse co orixinal)

(A non presentación desta documentación en prazo supoñerá a exclusión do proceso)

Documentación obrigatoria

  • Discapacidade: fotocopia do certificado expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia (ou equivalentes doutras administracións)
  • Impreso de autorización para a obtención de datos tributarios correspondentes ao ano fiscal 2016, asinado por ambos os pais ou titores, tanto se se opta por tributación conxunta ou individual. En caso de separación ou divorcio teranse en conta os datos tributarios da persoa que ostenta a garda e custodia do/a menor.

    As persoas non obrigadas a declarar presentarán igualmente a dita autorización. É obriga e responsabilidade das familias estar ao corrente dos seus datos fiscais ante a Axencia Tributaria.

    Non se terán en conta os datos das familias sobre as que Facenda non certifique o peche do ano fiscal correspondente ou non estean dados de alta na AEAT.

  • Situación laboral dos proxenitores ou titores legais

    No caso de persoas traballadoras por conta allea: vida laboral ou certificado de empresa actualizados no mes de abril.

    No caso de persoas traballadoras por conta propia ou autónomas: copia do último recibo do pago da cota á Seguridade Social no réxime especial de traballadores por conta propia ou da correspondente mutualidade.

    Nos casos de baixas maternais ou excedencias de traballo: presentarase xustificante da Seguridade Social ou certificado da empresa, respectivamente, con indicación da data de incorporación, que deberá ser anterior ao 1 de outubro.

    A situación de desemprego acreditarase coa certificación de ser demandante de emprego da nai, pai ou titores legais, con efectos desde o mes de abril.

A condición de familia numerosa acreditarase coa copia do título de familia numerosa actualizado.

No caso de separación/divorcio ou familia monoparental: copia da sentenza de separación ou divorcio, convenio regulador ou resolución de medidas paterno-filiais. Enténdese por familia monoparental a unidade familiar formada por unha única persoa proxenitora que non conviva con outra persoa coa que manteña unha relación análoga á conxugal e sempre que a outra persoa proxenitora non contribúa economicamente ao seu sustento.

No caso de acollemento presentarase a copia da resolución administrativa.

(A non presentación desta documentación en prazo supoñerá a renuncia implícita á valoración no apartado correspondente en base ao baremo establecido)

As fotocopias dos documentos solicitados deberanse presentar xunto cos seus correspondentes orixinais para ser cotexadas no propio centro. Unha vez cerrado o prazo de solicitude non se admitirán documentos que supoñan unha alegación de novos méritos.

Para poder obter as puntuacións establecidas en todos os criterios de valoración, é necesario que se constate o total cumprimento das condicións requiridas con anterioridade á data de finalización do período de presentación de solicitudes.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?