Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

Programa alerta escolar

Alerta escolar

Convenio de colaboración entre a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e o Concello da Coruña para a implantación do Programa Alerta Escolar na Rede de Escolas Infantís Municipais REIM

O Programa Alerta Escolar comprende un conxunto de iniciativas e actuacións dirixidas a que o persoal educativo da Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM) do Concello da Coruña:

  • sexa capaz de recoñecer unha situación que requira da actuación do 061,
  • realizar os xestos fundamentais para salvar as vidas dos alumnos e alumnas que presenten algunhas patoloxías para as que no referido programa foi deseñado e
  • alertar eficazmente á Central de Coordinación da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, de forma que se logre un alto nivel de eficacia e unha racional utilización dos recursos de atención ás emerxencias dispoñibles.

Compromisos (Sanidade)

  • Información a todos/as os/as pediatras da Comunidade Autónoma que reflicta a posta en marcha do Programa "Alerta Escolar", e o seu sentido e significado.
  • Elaboración dunhas recomendacións xerais e guías de actuación de uso fácil e de rápida aplicación que lle servirá ao profesorado para recoñecer o cadro clínico das patoloxías incluídas no Programa "Alerta Escolar", como paso previo ao de solicitar asistencia sanitaria a través do número de teléfono 061.
  • Elaboración de carteis informativos do Programa "Alerta Escolar", que serán expostos nos centros, así como de dípticos dirixidos aos pais/nais, nos que son informados de todo o relativo ao desenvolvemento do programa. Ambos en número suficiente como para garantir a súa adecuada difusión.
  • Levar a cabo un plan de formación sobre soporte vital, RCP e primeiros auxilios nos centros.

Compromisos (Rede de Escolas Infantís Municipais)

  • Publicar a información sobre o programa no portal educativo do Concello da Coruña (www.coruna.gal/educacion)
  • Difusión do programa a todas as familias: información e documentación necesaria para incluír os seus fillos e as súas fillas, de ser o caso, no Programa "Alerta Escolar"
  • Creación dun ficheiro, de acordo coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro sobre protección de datos de carácter persoal, coa finalidade de conter a información máis relevante do alumnado incurso no Programa "Alerta Escolar"

Patoloxías incluídas no programa

  • Epilepsia. Afección crónica que se caracteriza pola repetición de crises debidas a unha descarga excesiva nas neuronas cerebrais. A crise convulsiva é un tipo de crise epiléptica.
  • Shock anafiláctico. Síndrome clínica de hipersensibilidade grave, caracterizado por alteracións cardiovasculares e respiratorias. Sempre existe un axente de desencadenamento, que recibe o nome de alérxeno.
  • Diabetes. Caracterízase pola existencia de niveis moi baixos de glicosa en sangue. Non sempre se manifesta clinicamente, e cando o fai, os síntomas desaparecen ao normalizarse a glucemia con tratamento.
  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?