Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

EidusCoruña

Evento URBACT+EDUSI. 13 e 14 de maio de 2021

"Do Horto á Cidade" é unha xornada de reflexión estratéxica sobre o programa URBACT e as Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sustentable Integrado (EDUSI), e a súa vinculación coas políticas alimentarias urbanas, o Pacto de Milán e a Glasgow Food and Climate Declaration.

Este evento trata de forma ampla sobre políticas de Desenvolvemento Urbano Sustentable incorporando a perspectiva da Axenda 2030, a Axenda Urbana Española e as EDUSI, expondo tamén unha reflexión sobre os ODS e as políticas ambientais e urbanas en xeral.

Neste evento participaron cidades que están a traballar no desenvolvemento e implementación das EDUSI e plans de acción locais da Axenda Urbana, que poidan nutrirse cos resultados xerados a través de URBACT e a propia experiencia da Coruña, xunto con outras cidades vinculadas a estes programas.

No Programa das Xornadas URBACT+EDUSI detállanse as mesas e temas tratados, nas que as e os relatores ofreceron unha visión baseada nas súas experiencias:

13 de maio de 2021

Xornada dirixida a establecer o marco xeral sobre as políticas actuais e futuras de Desenvolvemento Urbano Sustentable e a súa vinculación ás políticas agroalimentarias a nivel local, partindo da perspectiva xeral a nivel de España das políticas DUS en relación coa situación do actual período e algunhas propostas a futuro.

  • O futuro das políticas e financiamento DUS en España: claves sobre o novo Marco Financeiro Plurianual (MFP) 2021-2027. María Eugenia Bellver Moreira. Subdirección Xeral de Desenvolvemento Urbano. Ministerio de Facenda
  • A experiencia da estratexia EidusCoruña. O desenvolvemento urbano da Coruña nos últimos 35 anos. Axenda Urbana A Coruña 2030. EDUSI: operacións e Boas Prácticas. Santiago Roura Gómez, Coordinador Xeneral Municipal do Concello da Coruña. Sandra Suárez, Técnica de Comunicación DUSI.
  • Outras experiencias EDUSI en España: Ayutamientos de Santa Coloma de Garmanet, Castelló da Plana e Santiago de Compostela. Modera o Concello da Coruña.

Nesta ligazón podes ver a gravación do 13 de maio

14 de maio de 2021

Esta segunda sesión pon o foco no programa URBACT, o Pacto de Milán e a Glasgow Food and Climate Declaration. Ademais, presentáronse os resultados de diferentes redes e cidades URBACT vinculadas a políticas urbanas e proxectos de alimentación sustentable.

  • Institucións e iniciativas a nivel mundial para unha alimentación urbana sustentable.
  • Aprendizaxes e resultados de 4 redes URBACT vinculadas á alimentación sustentable.
  • URBACT Knowledge HUB sobre políticas alimentación urbana sustentable "Food For Thought"
  • A experiencia RU:RBAN e programas DUS no impluso dos Hortos Urbanos na Coruña (operacións EDUSI OT6, Connecting Nature)

Nesta ligazón podes ver a gravación do 14 de maio

GALERÍA FOTOGRÁFICA

  • Evento URBACT+EDUSI

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión