Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

EidusCoruña

Documentos técnicos

Elaborar unha estratexia urbana, ou calquera outro documento que opte a financiamento externo e que ademais pode ter repercusión na nosa vida cotiá, é unha tarefa ardua aínda que moi gratificante se se pensa nos seus posibles beneficios.

Para tratar de facilitar o máximo posible ese labor seleccionamos unha serie de documentos técnicos que foron unha base importante para a elaboración, redacción e posterior aplicación de todo o aprendido.

O "Buscador" facilitarache a selección dos documentos segundo o seu ámbito territorial: a nosa cidade e a súa contorna, autonómico, estatal e europeo.

De ámbito estatal

21 resultados

  • Acordo Asociación España 2014-2020

    Os acordos de asociación son negociacións entre a Comisión Europea e as autoridades nacionais nos que se aplican plans estratéxicos con prioridades de investimento que abarcan os Fondos EIE (FEDER, FSE, FEADER e FEMP), e que constitúen a base da estratexia de desenvolvemento de España a medio e longo prazo. Considéranse un incentivo clave para impulsar o cambio cara a un modelo de crecemento máis intelixente, sustentable e integrador, así como para a creación de emprego, reducindo así as diferenzas rexionais en España.

  • Acuerdo da Asociación España 2014-2020. Informe de evolución

    Agosto 2017. Desde a aprobación do Acuerdo de Asociación de España o 30 de outubro de 2014 emitíronse recomendacións específicas do Consello a España en 2015 e 2016. Neste informe da evolución do acordo preténdense identificar os cambios relevantes que se produciron na contorna socioeconómica desde 2014. Algunhas destas recomendacións refírense a ámbitos non relacionados cos Fondos EIE, pero outras si presentan unha relación clara coas prioridades identificadas nos ditos FEIE, que son as que se analizan.

  • Axenda Dixital de España (2013)

    É o marco de referencia para establecer unha folla de ruta en materia de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) e de administración electrónica, establecer a estratexia de España para acadar os obxectivos da Axenda Dixital para Europa, maximizar o impacto das políticas públicas en TIC para mellorar a produtividade e a competitividade, e transformar e modernizar a economía e sociedade española mediante un uso eficaz e intensivo das TIC pola cidadanía, empresas e administracións.

  • Axenda Urbana Española

    Presentada no Consello de Ministros o 22 de febreiro de 2019, a Axenda Urbana Española é a folla de ruta que vai marcar a estratexia e as accións para levar a cabo ata 2030, acorde cos retos expostos e coa visión estratéxica das dúas Axendas Urbanas internacionais subscritas en 2016 (a Axenda Urbana para a UE. Pacto de Amsterdam e a Nova Axenda Urbana de Nacións Unidas-Hábitat III). Constitúe un verdadeiro "menú á carta" para que todos os actores que interveñen nas cidades e que buscan un desenvolvemento equitativo, xusto e sustentable desde os seus distintos campos de actuación, poidan elaborar os seus propios Plans de Acción. Concíbese como un documento estratéxico, sen carácter normativo, que está imbuído de enfoques pragmáticos con vocación de utilidade e, por suposto, de consenso. O contido da AUE pódese consultar por capítulos. + INFORMACIÓN

  • Directrices para a redacción do “Manual de Procedementos” polas Entidades DUSI (OIL) Novembro 2019

    As seguintes directrices pretenden orientar as entidades DUSI no proceso de elaboración do "Manual de procedementos", que son as responsables de seleccionar as operacións concretas que se integran dentro das distintas liñas de actuación das súas estratexias, actuando como organismos intermedios, que coloquialmente foron denominados Organismos Intermedios "Lixeiros" (OIL). O contido delas está intimamente vinculado cos sistemas de xestión e control que estableceron os respectivos Organismos Intermedios de Xestión, así como cos que posúe a Autoridade de Xestión FEDER en España.

  • Estratexia española de ciencia e tecnoloxía e de innovación (2013-2020)

    Esta estratexia constitúe unha ferramenta para potenciar o conxunto das capacidades do Sistema Español de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación, facilitando a colaboración entre todos os seus axentes e incrementando os retornos sociais e económicos derivados do investimento en I+D+i.

  • Estratexia española de sustentabilidade urbana e local (EESUL) (2011)

    A Estratexia Española de Sustentabilidade Urbana e Local (EESUL) é un documento que pretende ser un marco estratéxico que recolla principios, obxectivos, directrices e medidas cuxa aplicación efectiva permita avanzar na dirección dunha maior sustentabilidade local.

  • Estratexia nacional para a erradicación da violencia contra a muller (2013 - 2016)

    A "Estratexia nacional para a erradicación da violencia contra a muller" é un instrumento vertebrador da actuación dos poderes públicos para acabar coa violencia que sofren as mulleres polo mero feito de selo.

  • Orientacións Estratexias DUSI 2014-2020 (RIU_2015)

    A Rede de Iniciativas Urbanas (RIU) acordou en maio de 2014 a creación do Grupo de Traballo sobre Estratexias Integradas en Actuacións de Desenvolvemento Urbano Sustentable, co principal obxectivo de elaborar e ofrecer unhas bases ou orientacións para lles facilitar ás entidades locais o desenvolvemento das súas estratexias DUSI para o período 2014-2020. O resultado é esta guía que recolle os principais aspectos que hai que ter en conta á hora de elaborar as estratexias urbanas, porque aínda que non existe unha solución única válida para todas as contornas, si se identifican determinados elementos comúns que deben ser considerados na súa elaboración.

  • Plan de acción para a implementación en España da Axenda 2030

    O Congreso dos Deputados adoptou o 12 de decembro de 2017 unha proposición non de lei para orientación política do Goberno na definición da estratexia nacional para o cumprimento da Axenda de Desenvolvemento Sustentable 2030, o que se traduciu posteriormente neste Plan de acción, documento programático orientado á posta en marcha do proxecto aprobado.

resultados 21

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión