Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

EidusCoruña

Mobilidade e enerxías

mobilidade e enerxías

Obxectivo temático 4 (OT4): apoio da transición cara a unha economía de baixas emisións de carbono

O OT 4 de EidusCoruña céntrase no fomento da mobilidade urbana sustentable, mellora da eficiencia enerxética e aumento das enerxías renovables en áreas urbanas.

O Plan de implementación da Estratexia EidusCoruña contribúe a este Obxectivo Temático a través das seguintes liñas de actuación:

Programa de promoción da mobilidade a pé, a través de solucións (LA 11)

Fomento e ampliación de camiños escolares interxeracionais: implementación de actuacións urbanísticas para mellorar a accesibilidade de nenas/os, maiores e persoas con mobilidade reducida (LA 13)

Fomento da mobilidade en bicicleta, mediante a dotación de percorridos ciclables xunto coa renovación e ampliación da infraestrutura de alugamento de bicicleta eléctrica (LA 14)

Concepción e posta en marcha de novos modelos mulifuncionais de marquesiña para o transporte público urbano (LA 15)

Substitución de luminarias contaminantes, aumento da dotación de tecnoloxía de regulación da iluminación e solucións lumínicas para espazos concretos (LA 17)

Dotación de enerxías renovables en edificios públicos de carácter social (LA 18)

Pero ademais, completa o desenvolvemento da estratexia global coas actuacións que se poidan vincular ás seguintes liñas de actuación:

  • LA 12. Mellora da accesibilidade a edificios privados nos barrios da cidade
  • LA 16. Implantación de intercambiadores de transporte colectivo na cidade baixo o concepto da optimodalidade (autobús, tren de proximidade, barco, bicicleta)
  • LA 19. Impulsar a rehabilitación enerxética do parque de vivenda dos barrios da cidade (IDAE, INEGA etc.)
  • Concello da Coruña
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión