Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

EidusCoruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Reurbanización da rúa Victoria Fernández

INFORMACIÓN XERAL

Operación: promoción da mobilidade a pé (LA11)

Obxectivo temático: favorecer o paso a unha economía con baixo nivel de emisión de carbono (OT4)

Orzamento: 241.644,05 €

Financiamento FEDER: 80%

Estado: en proxecto

Prazo execución: 6 meses

DESCRICIÓN

Actualmente a rúa Victoria Fernández España encóntrase nunha situación complexa debido á condición de barrio de ensanche e a súa falta de definición como espazo único, xa que vén condicionado pola suma de usos sen aparente cohesión.

Para a mellora do espazo urbano daráselles un tratamento unificador aos espazos, sen que estes limiten o seu uso, favorecendo a formación de pequenos ámbitos que interactúen de forma transversal no conxunto da cidade e dotándoo de maior riqueza. É obxecto do proxecto, por tanto, redefinir novamente a totalidade deste espazo e os elementos que o compoñen. Así mesmo, favorecerase a mobilidade, accesibilidade e usabilidade do espazo, o que implicará a súa revitalización.

As operacións básicas para realizar, tanto na urbanización da contorna como nas instalacións existentes, son as seguintes:

  • Demolicións: procederase a demoler parte dos pavimentos existentes, tendo en conta a intención de reutilizar a maior cantidade posible deles, especialmente de gran parte da actual calzada de formigón.
  • Pavimentos: na zona de encontro coa rúa Hospital mantense unha gran superficie pavimentada como consecuencia do seu uso peonil. Nela consérvase parte do tramo existente na actualidade cun bordo de lastros que permiten absorber os posibles encontros de materiais e topográficos. Para completar a actuación realízase un novo pavimento de soleiras formigón con tratamento superficial. Mediante a alteración de formas e tamaños márcanse os percorridos de peóns. Soleiras de formigón e espazos de lastro son enmarcados por lastros de granito que resolverán os encontros cos bordos, recollida de auga e desaxustes topográficos.
  • Saneamento: execución de novos elementos de saneamento, pozos de rexistro, liña de sumidoiros. A utilización do lastro de granito permite crear recollidas para dirixir as augas pluviais aos sumidoiros.
  • Electricidade e telecomunicacións: procederase ao soterramento e retranqueo da rede de baixa tensión pertencente a Unión Fenosa Distribución, así como, a recolocación do cadro de telecomunicacións en fronte ao I.E.S. Menéndez Pidal
  • Iluminación pública: execución de elementos novos de iluminación pública na área superior mediante luminarias sobre columnas de 5 m. As luminarias contribúen a potenciar as novas liñas visuais propostas.
  • Xardinería: na área urbana os elementos de xardinería redúcense ao mantemento das árbores existentes (plátanos, moreiras e magnolios) e á colocación de céspede na zona central da actuación.
  • Mobiliario: colocación de elementos de mobiliario urbano, bancos, papeleiras; e sinalización tanto horizontal como vertical. Especial interese terá a localización dun banco lineal de madeira e granito no acceso ao I.E.S. Menéndez Pidal.
  • Xestión de residuos: carga e transporte de cascallos a vertedoiro (xestor autorizado).

LIGAZÓNS DE INTERESE

Solicitude Edi

Contratación

  • Concello da Coruña
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión