Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

EidusCoruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Reurbanización da rúa A Nosa Señora do Rosario

INFORMACIÓN XERAL

Operación: promoción da mobilidade a pé (LA11)

Obxectivo temático: favorecer o paso a unha economía con baixo nivel de emisión de carbono (OT4)

Orzamento: 669.254 €

Financiamento FEDER: 80%

Estado: en execución

Prazo de execución: 6 meses

Contratista: Manuel Rivas Boquete SL

DESCRICIÓN

Procederase a reurbanizar a rúa A Nosa Señora do Rosario. Destaca a mellora en dous aspectos principais:

  • A accesibilidade: xerarase unha pavimentación continua en todo o ámbito de actuación.
  • O espazo: actuarase no punto de intersección constituído pola entrada á cidade vella por Porta de Aires, a conexión das rúas Campo da Estrada e A Nosa Señora do Rosario, e a rúa recentemente reformada Xeneral Alesón.

Estes traballos levan implícita a mellora dalgunhas infraestruturas, como a recollida de pluviais, completar a rede de abastecemento de auga potable e a subterranización das canalizacións de electricidade, telecomunicacións e iluminación que actualmente invaden as fachadas das edificacións. Destas instalacións só se formula o soterramento da electricidade e da iluminación en proxecto, mentres que na instalación de telecomunicacións deixaranse as canalizacións en espera. Así mesmo, contémplase a reordenación dos elementos de xardinería existentes na rúa e a instalación de novo mobiliario urbano

LIGAZÓNS DE INTERESE

Solicitude Edi

Contratación

  • Concello da Coruña
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión