Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

EidusCoruña

Subministración e instalación de lectores, módulos, estacións e bicicletas

INFORMACIÓN XERAL

Operación: Programa de fomento da mobilidade en bicicleta mediante a dotación de percorridos ciclables en barrios da cidade xunto á renovación e ampliación de infraestrutura de aluguer de bicicletas eléctricas (LA14)

Obxectivo temático: Favorecer o paso a unha economía con baixo nivel de emisión de carbono (OT4)

Orzamento: 1.792.030 €

Financiamento FEDER: 49%

Estado: En execución

Prazo execución: 7 meses

Contratista: CESPA, COMPAÑÍA ESPAÑOLA DE SERVIZOS PÚBLICOS AUXILIARES, S.A. - PBSC URBAN SOLUTIONS INC.

DESCRICIÓN

O sistema actual de préstamo de bicicleta pública do Concello da Coruña, BICICORUÑA, está composto por 23 estacións aparcabicis, distribuídas ao longo da cidade, cun total de 356 postos de ancoraxe. Despois de máis de dez anos de funcionamento e crecemento continuo en persoas usuarias e usos, proponse como estratexia de cidade a renovación completa e ampliación do Sistema de Préstamo de Bicicletas. A principal novidade é a introdución da bicicleta eléctrica paraacceder a zonas da cidade máis afastadas, fomentando así unha mobilidade sustentable.

Preténdese neste sentido dar tamén cumprimento ao Plan de Mobilidade Urbana Sustentable do Concello da Coruña, en relación co fomento da mobilidade non motorizada, favorecendo a mobilidade peonil e ciclista e aumentando o atractivo do espazo peonil.

En concreto, esta actuación céntrase na subministración de:

  • Un mínimo de 514 bicicletas, das que un mínimo de 172 serán eléctricas e o resto serán convencionais, mecánicas.
  • Un mínimo de 990 postos de ancoraxe, con base de carga en polo menos o 50% dos mesmos, repartidos nun mínimo de 55 estacións (capacidade mínima de 15 ancoraxes/estación)
  • Sistemas TIC e software de xestión que permita o funcionamento da subministración.

LIGAZÓNS DE INTERESE

Solicitude Edi

Contratación

Proxecto técnico

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión