Concello da Coruña

Concello da Coruña

Se estás interesado en formar parte da nosa oferta educativa, deberás cubrir o formulario de preinscrición. Finalizado este proceso, só se figuras na lista de admitidos, poderás formalizar a matrícula.

Tanto os formularios de preinscrición, como os de matrícula externa faranse a través desta páxina, e iranse habilitando nos prazos que se detallan a continuación.

CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DE PRAZA:

Música e Movemento:

Terán prioridade:

  • A. Os solicitantes empadroados no Concello da Coruña.
  • B. Aqueles que teñan un irmán menor de 18 anos matriculado no Centro.
  • C. As dúas primeiras letras dos apelidos que resulten do sorteo que realizará a Xunta de Galicia para o curso 2021-22. Sendo para o primeiro apelido "W" e "S" e para o segundo "B" e "F".

Área Xeral:

Terán prioridade:

  • A. Os solicitantes empadroados no Ayto. da Coruña.
  • B. Aqueles que teñan un irmán menor de 18 anos matriculado no Centro.
  • C. Os solicitantes de menor idade.

INSTRUCIÓNS PARA ENCHER A PREINSCRICIÓN:

- Elixe un horario dentro do lista de prazas dispoñibles.

- Enche o formulario. (Ligazón no calendario que está ao principio desta sección).

- MÚSICA E MOVEMENTO: En cada unha das tres opcións que hai no formulario, por orde de preferencia, o alumno deberá escoller dous días e en cada un deles unha hora (segundo horarios dispoñibles) por exemplo:

OPCIÓN 1: Martes ás 16:30 e Xoves ás 19:30 horas.

OPCIÓN 2: Luns ás 17:30 e Martes ás 17:30 horas.

- ÁREA XERAL Dentro de cada unha das tres opcións, por orde de preferencia, o alumno elixirá Área e Instrumento (co seu correspondente día e hora de clase, segundo prazas dispoñibles) por exemplo:

OPCIÓN 1: Área: Clásica Instrumento: Piano Día: Martes Hora: 16:30 horas.

OPCIÓN 2: Área: Jazz Instrumento: Saxofón Día: Venres Hora: 18:30 horas.

NOTA: Os horarios de Linguaxe Musical e Agrupación non son necesarios para a preinscrición, polo que só cubriranse no momento da matrícula.

INSTRUCIÓNS PARA ENCHER A MATRÍCULA:

- Figurar na lista de admitidos.

- Encher o formulario. (Ligazón no calendario que está ao principio desta sección)

- Achegar xustificante do ingreso ou da transferencia na conta de Abanca ES50-2080-0008-3030-4001-7168, do importe de 69,52 euros, correspondente á taxa de matrícula, recollida na Ordenanza Fiscal no 16 do Excmo. Concello da Coruña (nela recóllense todas as taxas municipais correspondentes á matrícula, mensualidades e tarifa reducida).

IMPORTANTE: No caso de varios irmáns matriculados no centro menores de 18 anos só abonarase un pago pero deberá especificarse no concepto o nome de todos os irmáns matriculados e, en cada formulario que se cubra por alumno, deberase achegar devandito xustificante.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión