ALUMNOS DE NOVO INGRESO - CURSO 2022-23:
Se estás interesado/a en formar parte da nosa oferta educativa, está atento/á a páxina web para saber como será o proceso para poder estudar connosco.
Datas a ter en conta:
1º) Prazas dispoñibles
As prazas ás que poderás preinscribirte para o curso 2022-23 publicaranse na páxina web o día 18 de maio.
A partir de aí, estas serán as datas para ter en conta:
2º) Solicitude de preinscrición
Unha vez coñezas a oferta que se dispón para o próximo curso, poderás presentar a túa solicitude de preinscrición, entre o 18 e o 25 de maio, ambos os incluídos.
Desta maneira, coñeceremos as túas preferencias en canto a instrumentos e horarios para poder adxudicarche a praza.
Terminado o período de preinscrición, comezaremos coa adxudicación de prazas, tendo en conta os criterios en cada área.
3º) Lista de admitidos
O día 30 de maio poñerémonos en contacto contigo, por correo electrónico, para comunicarche o resultado.
4º) Datas de formalización de matrícula
Do 30 de maio ao 3 de xuño, poderás formalizar a matrícula.
En breve irémosche informando de como será o proceso.
CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DE PRAZAS:
Música e Movemento:
Terán prioridade:
Nota importante: os alumnos/as que sodes de novo ingreso, non poderedes solicitar práctica instrumental este ano; xa que para iso, ademais de cumprir os 6 ó 7 anos antes do 31 de decembro de 2022, é necesario cursar connosco un ano de Música e Movemento.
Área Xeral:
Terán prioridade:
27/05/2022
Audición de Piano dos alumnos de Pablo López-Cortón.
28/05/2022
Concerto dos Combos de Moderna de Lalo Carnota.
Dende o 30/05/2022 ata o 03/06/2022
Matrícula externa da Escola Municipal de Música da Coruña.
DIRECCIÓN: direccionem@coruna.gal
XEFA DE ESTUDOS: jefaturaem@coruna.gal
ADMINISTRACIÓN: administracionem@coruna.gal
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible