Taller-Agrupación de voz e percusión tradicional
Para público en xeral
Dende o 08/09/2022 ata o 22/06/2023
Escola Municipal de Música da Coruña. Rúa Torre 67. 15002 A Coruña
¿Queres cantar e tocar como as Tanxugueiras e formar un grupo de percusión tradicional con arranxos musicais de voces e percusións complexos e divertidos? O fenómeno eurovisivo non é illado, vén xestándose desde hai anos, grazas a grupos e solistas como Mercedes Peón, Mayalde, Coetus, Xabier Díaz, Xurxo Fernández, Rodrigo Cuevas, El Naan, Xisco Feijoo, etc; que veñen traballando as percusións tradicionais e as vogais desde unha perspectiva moderna e actualizada.
Abrimos agora este taller dedicado ás voces e ás percusións tradicionais. O taller estará comprendido como unha agrupación na que se traballarán simultaneamente as voces de tradición oral, acompañadas de diferentes instrumentos de percusión tradicionais, durante todo o curso, con vistas as posibles actuacións e colaboracións con outras agrupacións da Escola Municipal de Música.
Día e hora: Venres de 18:30 a 19:30 horas.
Duración: Todo o curso
(Número de prazas: máximo de 15)
25/07/2022
O día 25 de xullo a Escola estará pechada.
31/10/2022
O día 31 de outubro será día non lectivo.
DIRECCIÓN: direccionem@coruna.gal
XEFA DE ESTUDOS: jefaturaem@coruna.gal
ADMINISTRACIÓN: administracionem@coruna.gal
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible