Concello da Coruña

Concello da Coruña

Taller de voz e percusión tradicional

Obradoiro - Agrupación de voz e percusión tradicional

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 08/09/2022 ata o 22/06/2023

Xa rematou

Enderezo:

Escola Municipal de Música da Coruña. Rúa Torre 67. 15002 A Coruña

Queres cantar e tocar coma as Tanxugueiras e formar un grupo de percusión tradicional con arranxos musicais de voces e percusións complexos e divertidos? O fenómeno eurovisivo non é illado, vén xestándose desde hai anos, grazas a grupos e solistas como Mercedes Peón, Mayalde, Coetus, Xabier Díaz, Xurxo Fernandes, Rodrigo Cuevas, El Naan, Xisco Feijoó etc; que veñen traballando as percusións tradicionais e as vogais desde unha perspectiva moderna e actualizada.

Abrimos agora este taller dedicado ás voces e ás percusións tradicionais. O taller estará comprendido como unha agrupación na que se traballarán simultaneamente as voces de tradición oral, acompañadas de diferentes instrumentos de percusión tradicionais, durante todo o curso, con vistas a posibles actuacións e colaboracións con outras agrupacións da Escola Municipal de Música.

Día e hora: venres das 18.30 ás 19.30 horas

Duración: todo o curso

(Número de prazas: máximo de 15)

Inscrición: envía un correo a: jefaturaem@coruna.gal

PRÓXIMOS EVENTOS

Contacto

TELÉFONO: 981 226 752

CORREOS ELECTRÓNICOS:

DIRECCIÓN: direccionem@coruna.gal

XEFA DE ESTUDOS: jefaturaem@coruna.gal

ADMINISTRACIÓN: administracionem@coruna.gal

Horario

Apertura da escola: das 08.00 ás 21.30 horas

Lectivo: das 15.30 ás 20.30 horas ( xoves das 16.30 ás 21.30 horas)

Administración: das 09.00 ás 21.00 horas

Mapa da Escola:

· Aulas: AQUÍ.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión