Concello da Coruña

Concello da Coruña

Quen estea interesada/o en estudar na Escola Municipal de Música da Coruña, terá que cubrir o formulario da preinscrición durante o período sinalado para ese efecto, segundo as prazas dispoñibles que estarán publicadas na web.

Calendario de matrícula para o curso 2021-22:

  • Prazas dispoñibles: do 18 de maio
  • Preinscrición: do 18 ao 25 de maio
  • Lista de persoas admitidas: do 31 de maio ao 4 de xuño
  • Matrícula externa: do 31 de maio ao 4 de xuño

Criterios de adxudicación de praza:

Música e movemento:

Terán prioridade:

  • A. As/os solicitantes empadroadas/os no Concello da Coruña
  • B. Quen teña un/unha irmán/á menor de 18 anos matriculado/a no centro.
  • C. As dúas primeiras letras dos apelidos que resulten do sorteo que realizará a Xunta de Galicia para o curso 2021-22. Para o primeiro apelido serán "W" e "S" e para o segundo "B" e "F".

Área Xeral:

Terán prioridade:

  • A. As/os solicitantes empadroadas/os no Concello da Coruña
  • B. Quen teña un/unha irmán/á menor de 18 anos matriculado/a no centro.
  • C. As e os solicitantes de menor idade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión