Concello da Coruña

Concello da Coruña

· HORARIOS CURSO 2021-22: LISTAXE DE MÚSICA E MOVEMENTO 2021-22 · LISTAXE DE ÁREA XERAL 2021-22.

Se estás interesado/a en formar parte da nosa oferta educativa, deberás cubrir o formulario de preinscrición. Unha vez finalizado este proceso, só se figuras na lista de persoas admitidas, poderás formalizar a matrícula.

Tanto os formularios de preinscrición, como os de matrícula externa faranse a través desta páxina, e iranse habilitando nos prazos que se detallan a continuación.

CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DE PRAZA:

Música e Movemento:

Terán prioridade:

  • A. As/os solicitantes empadroadas/os no Concello da Coruña.
  • B. Aquelas/es que teñan un irmán ou irmá menor de 18 anos matriculado/a no centro.
  • C. As dúas primeiras letras dos apelidos que resulten do sorteo que realizará a Xunta de Galicia para o curso 2021-22. Será para o primeiro apelido "W" e "S" e para o segundo "B" e "F".

Área Xeral:

Terán prioridade:

  • A. As/os solicitantes empadroadas/os no Concello da Coruña.
  • B. Aquelas/es que teñan un irmán ou irmá menor de 18 anos matriculado/a no centro.
  • C. As/os solicitantes de menor idade.

INSTRUCIÓNS PARA CUBRIR A PREINSCRICIÓN:

- Elixe un horario dentro da lista de prazas dispoñibles.

- Cubre o formulario. (Ligazón no calendario que está ao principio desta sección).

- MÚSICA E MOVEMENTO: en cada unha das tres opcións que hai no formulario, por orde de preferencia, o/a alumno/a deberá escoller dous días e en cada un deles unha hora (segundo horarios dispoñibles) por exemplo:

OPCIÓN 1: martes ás 16:30 e xoves ás 19:30 horas

OPCIÓN 2: luns ás 17:30 e martes ás 17:30 horas

- ÁREA XERAL. Dentro de cada unha das tres opcións, por orde de preferencia, o/a alumno/a elixirá Área e Instrumento (co seu correspondente día e hora de clase, segundo prazas dispoñibles) por exemplo:

OPCIÓN 1: Área: Clásica. Instrumento: piano. Día: martes. Hora: 16:30 horas

OPCIÓN 2: Área: Jazz. Instrumento: saxofón. Día: venres. Hora: 18:30 horas

NOTA: os horarios de Linguaxe Musical e Agrupación non son necesarios para a preinscrición, polo que só se cubrirán no momento da matrícula.

INSTRUCIÓNS PARA CUBRIR A MATRÍCULA:

- Figurar na lista de persoas admitidas.

- Encher o formulario. (Ligazón no calendario que está ao principio desta sección)

- Achegar xustificante do ingreso ou da transferencia na conta de Abanca ES50-2080-0008-3030-4001-7168, do importe de 69,52 euros, correspondente á taxa de matrícula, recollida na Ordenanza fiscal núm. 16 do Concello da Coruña (nela recóllense todas as taxas municipais correspondentes á matrícula, mensualidades e tarifa reducida).

IMPORTANTE: no caso de varios/as irmáns ou irmás matriculados/as no centro, menores de 18 anos, só se aboará un pago pero deberá especificarse no concepto o nome de todos os irmáns ou todas as irmás matriculados/as e, en cada formulario que se cubra por alumno/a, deberase achegar o devandito xustificante.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión