Concello da Coruña

Concello da Coruña

INSTRUCIÓNS PARA ENCHER A MATRÍCULA:

ELECCIÓN DE HORARIO:

MÚSICA E MOVEMENTO:

  • Escoller dous días de luns a xoves (ambos os incluídos) en horario: 16:30, 17:30 ou 18:30.

ÁREA XERAL:

- Opción 1:

  • Linguaxe: luns. Horas 16:30, 17:30, 18:30, 19:30 ou 20:30.
  • Instrumento: Martes ou mércores. Horas 16:30, 17:30, 18:30, 19:30 ou 20:30.
  • Agrupación: Xoves. Horas: 16:30, 17:30, 18:30, 19:30 ou 20:30.

- Opción 2:

  • Linguaxe, instrumento* e agrupación: Venres. Horas: 16:30, 17:30, 18:30 ou 19:30.

    * Consultar dispoñibilidade na sección: Información xeral > Áreas de estudos

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR:

- O formulario cumprimentado.

- Xustificante do ingreso ou da transferencia na conta de Abanca ES50-2080-0008-3030-4001-7168, do importe de 69,52 euros, correspondente á taxa de matrícula, recollida na Ordenanza Fiscal no 16 do Excmo. Concello da Coruña (nela recóllense todas as taxas municipais correspondentes á matrícula, mensualidades e tarifa reducida).

IMPORTANTE: No caso de varios irmáns matriculados no centro menores de 18 anos só abonarase un pago pero deberá especificarse no concepto o nome de todos os irmáns matriculados e, en cada formulario que se cubra por alumno, deberase achegar devandito xustificante.

- Para os alumnos da área de Música e Movemento que cumpran 6 anos e estean interesados en optar a Práctica Instrumental no curso 2021-22, informarlles que as prazas dispoñibles adxudicaranse segundo o resultado do sorteo realizado pola Xunta de Galicia, sendo este ano ás seguintes: primeiro apelido "W" e "S" e para o segundo "B" e "F"

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión