Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Alumnos de novo ingreso

Aquelas persoas que estean interesadas en estudar na Escola Municipal de Música da Coruña terán que cubrir o formulario da preinscrición durante o período sinalado, segundo as prazas dispoñibles que estarán publicadas tanto no centro como na web.

Unha vez que finalice o prazo, expoñerase a lista de alumnado admitido (unicamente no centro), e enviaráselles un correo electrónico ás persoas admitidas coa praza asignada e horario. Tamén se lle notificará polo mesmo medio a quen presentase a preinscrición e non fose admitida/o, aínda que se terán en conta as súas solicitudes para posibles prazas vacantes que queden ao longo do curso.

A partir dese momento, existirá un prazo para facer poder formalizar a matrícula. Durante ese prazo teredes que cubrir o formulario habilitado para iso.

Calendario do proceso de admisión e matrícula telemática para o curso 20/21:

Preinscrición: do 8 ao 12 de xuño

Matrícula externa: do 22 ao 26 de xuño

Os formularios iranse habilitando nas datas de inicio de cada proceso.

Criterios de adxudicación de prazas:

Música e Movemento:

Terán prioridade:

A. As persoas solicitantes empadroadas no Concello da Coruña.

B. Aquelas que teñan un irmán ou irmá menor de 18 anos matriculado/a no centro.

C. As dúas primeiras letras dos apelidos que resulten do sorteo que realizará a Xunta de Galicia para o curso 2020-21. Sendo para o primeiro apelido "T" e "G" e para o segundo "E" e "X".

Área Xeral:

Terán prioridade:

A. As persoas solicitantes empadroadas no Concello da Coruña.

B. Aquelas que teñan unha irmá ou un irmán menor de 18 anos matriculada/o no centro.

C. As persoas solicitantes de menor idade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión