Concello da Coruña

Concello da Coruña
  • Inicio
  • Cursos de formación en liña 2021

Accións formativas en liña gratuítas 2021

A situación actual na que nos atopamos propicia que debamos enfrontar unha nova realidade e que a formación en liña, pase a formar parte do presente para potenciar as nosas habilidades, crear un mellor perfil profesional e académico e xerar maiores probabilidades de contratación en futuros empregos.

Desde os nosos fogares, podemos continuar ampliando coñecementos sen necesidade de acudir a un centro de formación, incluso as persoas interesadas que non tiñan acceso a computador, tablet ou datos, o Concello puxo á súa disposición unha aula con computadores e acceso a internet para que puidesen realizar as accións formativas elixidas.

Esta é unha medida deseñada para persoas en desemprego, en situación de ERTE, profesionais que cesaron na actividade ou persoas traballadoras temporais que queiran mellorar o seu emprego que estean empadroadas no Concello da Coruña.

A maioría das accións formativas pódense realizar mesmo no teléfono móbil.

Cada persoa pode seleccionar varias accións formativas de calquera das áreas de especialización: idiomas, ofimática, informática, márketing, administración de empresas, prevención de riscos laborais. Todas levan competencias moi demandadas na dixitalización que está a experimentar o mercado actual.

As accións formativas realizaranse desde a súa inscrición ata o 30 de novembro nun formato integramente en liña e accesibles na modalidade 24/7, é dicir, durante as 24 horas do día, calquera día da semana. Ao finalizar a acción formativa, cada persoa poderá descargar o manual de formación e obterase un diploma.

Continúase así a formación en liña do ano 2020 onde se esgotaron todas as prazas dispoñibles e debido a esta gran demanda programáronse estas novas accións formativas nesta modalidade para o ano 2021.

Cada persoa poderá seleccionar unha acción formativa de calquera das áreas de especialización:

  • Idiomas: inglés e francés en distintos niveis
  • Microsoft office: Word, Excel, Access, power point, Outlook básicos e avanzados
  • Comercio e márketing: Comercio electrónico, venda en liña, xestión telefónica de clientes, comunity manager, xestión de queixas e reclamacións e Hixiene alimentaria (manipulación de alimentos + alergénicos)
  • Administración de empresas: Seguridade informática, firma dixital, notificacións e rexistros electrónico, trámites en liña coa administración, interpretación da linguaxe corporal, comunicación persuasiva, control emocional e autocontrol en situacións de emerxencia, habilidades directivas
  • Informática: cloud computing, protección de equipos en rede e CCNA routing e swiching
  • Prevención de riscos laborais: multisectorial, en hostalería, en oficinas, nocións básicas de actuación en emerxencias e evacuación

Pica no bloque de cursos que estás interesado/a cursar:

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión