Concello da Coruña

Concello da Coruña

Obtención del Graduado en Secundaria para personas adultas (ESA)

A ESO para adultos é unha opción cada vez máis demandada. Aqueles adultos de hoxe que no seu momento deixaron os seus estudos para poñerse a traballar ou por calquera outra circunstancia, agora déronse conta de que ter o título de Educación Secundaria (ESO) é indispensable para ter mellores oportunidades. Xa non só para poder formarse en graos superiores, senón mesmo para conservar o posto de traballo actual. Estes ensinos son equivalentes ás da ESO. As materias organízanse en tres ámbitos. - Ámbito Social: inclúe contidos de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia. - Ámbito de Comunicación: Lingua galega e literatura, Lingua castelá e literatura, 1ª Lingua estranxeira (Inglés). - Ámbito Científico-Tecnolóxico: inclúe contidos de Tecnoloxías, Matemáticas, Ciencias da Natureza. En cada curso pódense cursar dous módulos, cunha duración cuadrimestral. Cada módulo correspóndese cun curso da ESO/ESA: Módulo 3 (3º de ESO) un semestre Módulo 4 (4º de ESO) un semestre Requisitos de acceso: Ter segundo da ESO ou graduado escolar ou equivalentes aprobado. No caso de non poder acreditar estudos anteriores, superarase unha proba de avaliación inicial.

A quen vai dirixido?:

Persoas desempleadas inscritas como demandate de empleo en la oficina de empleo y residente en el municipio de A Coruña

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 01/01/2022 ata o 31/12/2022

Realizamos varios cursos ao longo do ano. Infórmate no Centro de Emprego ou no teléfono 981 184 399.

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 01/01/2022 ata o 31/12/2022

Horario:

 9:15 h a 13:00 h (provisional)

Duración:

800 horas

Número de prazas:

15

Requisitos:

Residir no termo municipal da Coruña e estar inscrito na Oficina de Emprego.

DOCUMENTACION OBRIGATORIA A PRESENTAR NA ENTREVISTA DE ORIENTACIÓN

Breve currículo ou informe vida laboral, fotocopia DNI/NIE ou pasaporte e tarxeta de demandante de emprego ou mellora de Emprego

Organiza:

Concellería de Educación, Memoría Histórica, Innovación, Industria e Emprego

Contacto:

Centro Municipal de Empleo Os Rosales,

Estada dos Fortes, 16. 15011 A Coruña

Tlf: 981 184 399

Documentos:

PROGRAMACION_2_22.pdf (189 KB)

INSCRIPCIÓN

Pedir cita no 981184399 ou a través desta web para o taller grupal de información para a busca e emprego onde se dará cita para unha entrevista individual de orientación laboral no Centro Municipal de Emprego dos Rosales

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión