Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de marzo de 2019

A Concellería de Emprego porá en marcha unha nova convocatoria de axudas para a dinamización do comercio de proximidade por valor de 126.500 euros

A Xunta de goberno local deu o visto e prace este xoves ás bases desta liña de axudas destinadas a mellora das áreas comerciais dos barrios

A Xunta de goberno local deste xoves deu o visto e prace ás bases dunha convotaria de axudas, por valor de 126.500 euros, destinadas a entidades privadas sen ánimo de lucro que desenvolvan proxectos de dinamización, mellora e modernización do comercio de barrio na cidade. As mesmas poderán solicitarse unha vez que sexan publicadas nos correpondentes diarios oficiais. O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, salienta "que esta liña de axudas, que se leva a cabo anualmente, é moi importante nunha cidade coma A Coruña, cunha longa tradición comercial que debe ser preservada e reforzada".

"O modelo de planificación urbana sufrido nesta cidade durante décadas, e que se concretou nunha proliferación de grandes áreas comerciais, así como a recesión iniciada en 2007, provocaron o peche de moitas pequenas tendas. Ante este panorama, o Concello implementou unha bateria de medidas de fomento e dinamización das áreas comerciais de proximidade, entre as que salientan estas liñas de axudas", destaca o responsable municipal. "A colaboración entre Concello e asociacións de comerciantes é fundamental para favorecer a promoción do comercio de proximidade, como tamén é preciso que esta colaboración se artelle mediante convocatorias abertas e obxectivas que fomenten a concorrencia", comenta.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión