Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de xuño de 2022

A Coruña abrirá novo prazo de inscrición para realizar formación en liña

Accións formativas en liña para potenciar a dixitalización e axudar a combater o desemprego

O Concello da Coruña, a través da concellería de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego, ofrece un catálogo de accións formativas en liña. O prazo de inscrición será do 20 de xuño ao 4 de xullo, día que darán comezo os curso e poderase matricular na páxina web www.coruna.gal/empleo.

É unha medida deseñada para persoas en desemprego ou que queiran mellorar o seu emprego. Terán preferencia para realizar esta formación integramente en liña os maiores de 16 anos que estean empadroado/as no Concello da Coruña.

O Concello da Coruña presenta esta nova iniciativa de formación en liña totalmente gratuíta para residentes no municipio porque a formación en liña, pasou a formar parte do presente xa que potencia as nosas habilidades, crea un mellor perfil profesional e académico e xera maiores probabilidades de contratación en futuros empregos.

Desde os nosos fogares, podemos continuar ampliando coñecementos sen necesidade de acudir a un centro de formación.

Cada persoa poderá seleccionar as accións formativas das áreas de especialización: idiomas (inglés, francés e alemán en distintos niveis), administración de empresas (seguridade informática, firma dixital, notificacións e rexistros electrónico, trámites en liña coa administración, comunicación, habilidades directivas ... ) e comercio e márketing (comercio electrónico, venda en liña, teletrabajo e call center, comunity manager, satisfacción do cliente , calidade e atención de queixas, manipulación de alimentos...)

Todas as accións formativas levan competencias moi demandadas na dixitalización que está a experimentar o mercado actual.

As accións formativas estarán dispoñibles dunha forma integramente en liña e accesibles na modalidade 24/7, é dicir, durante as 24 horas do día, calquera día da semana.

A información sobre esta formación en liña e as súas particularidades pódese consultar de forma detallada en www.coruna.es/emprego a partir do día 20 de xuño cando se abrirá o prazo de solicitude a través da mesma web municipal de emprego.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión