Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de novembro de 2021

O Centro Municipal de Emprego instala un aparcadoiro para patinetes e bicicletas

O aparcadoiro foi realizado polo alumnado do curso de soldadura.

O Centro Municipal de Emprego do Concello está a levar a cabo un curso de soldadura e nunha das prácticas realizaron un aparcadoiro para patinetes e bicicletas.

Dentro da programación anual realízanse diversos cursos de oficios totalmente prácticos nas ramas de soldadura, pintura, carpintería, xardinería, prevención de riscos, loxística, hostalería, ...

Para poder participar hai que residir no municipio da Coruña e estar desempregado ou en mellora de emprego, chamando ao 010 ou ao teléfono do propio centro 981 184 399, solicítase cita para o taller de procura de emprego, onde se explicará toda a programación que se vai a levar a cabo ao longo do ano e solicítase cita individual de orientación laboral onde se prescribe aos cursos de formación ocupacional, revísase o currículo e éntrase a formar parte da bolsa de emprego, ademais de informar do resto de programas que levan a cabo na Concellería de Emprego como o programa europeo Coruña Suma, ou a programación de cursos en liña.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión