Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de novembro de 2019

O Grupo de Traballo Local (ULG) RU:RBAN da Coruña reuniuse o 06.11.2019 para traballar na proposta dun proxecto de rede de hortas urbanas

Analizou de onde partimos (os hortos urbanos para cidadanía e o curso de formación para o emprego de monitoras/es de hortos urbanos), que idea de proxecto pode xerar a partir destas bases, como debe organizarse e traballar conxuntamente este Grupo de Traballo Local e explorar vías de financiamento para a creación desta rede.

O proxecto RU:RBAN pertence ao grupo de accións URBACT denominadas Redes de Transferencias cuxo obxectivo é mellorar as capacidades das cidades para implementar estratexias/plans de acción integrados mediante a adaptación, transferencia e reutilización, no ámbito local, das boas prácticas testadas como exitosas para o desenvolvemento urbano sustentable integrado.

RU:RBAN está liderado por Roma, cidade que conta cunha ampla experiencia en hortos urbanos, e o obxectivo é transferir as súas boas prácticas neste ámbito. Rematará en novembro do 2020, momento no que se realizará a reunión transnacional de finalización do proxecto na Coruña.

O Grupo de Traballo Local (ULG) RU:RBAN da Coruña reuniuse o 06.11.2019 para traballar na proposta dun proxecto de rede de hortas urbanas. Analizou de onde partimos (os hortos urbanos para cidadanía e o curso de formación para o emprego de monitoras/es de hortos urbanos), que proxecto podemos xerar a partir destas bases, como debe organizarse e traballar conxuntamente este Grupo de Traballo Local e explorar vías de financiamento para a creación desta rede de hortos urbanos.

A reunión estivo presidida por Jon Aguirre Such, representante do Punto Nacional URBACT, asistiron tamén por parte do Concello da Coruña representantes da Concellería de Innovación, Industria Emprego e Consumo e da Concellería de Medio Ambiente e Sustentabilidade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión