Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de decembro de 2018

O programa 'Posto a Posto' logrou a inserción laboral do 40% das persoas participantes, desempregadas de longa duración

O concelleiro Alberto Lema salienta o apoio que dá esta iniciativa, tanto no aspecto formativo como no anímico, ás persoas que levan longos períodos fóra do mercado de emprego e incide en que máis da metade das persoas que atoparon un traballo son mulleres

A Concellería de Emprego e Economía Social pechou o programa de formación laboral Posto a Posto que se desenvolveu durante este ano coa inserción do 40% das persoas participantes, a maior parte delas, mulleres. O programa, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia, está enfocado á especialización de persoas desempregadas que pertencen a colectivos con especiais dificultades de acceso ao mercado de traballo mediante un itinerario completo e integrado, ás que se lles facilita información, orientación, asesoramento, formación e intermediación laboral. Nel participaron 85 persoas (48 mulleres e 37 homes), das que 34 atoparon un posto de emprego. "Esta iniciativa apoia especialmente ás persoas que levan longos períodos desempregadas e nas que o factor anímico é determinante porque leva aparellado dende desánimo ou baixa estima ata exclusión social", indica o concelleiro responsable da área de Emprego, Alberto Lema, que salienta que o 60% das persoas que atoparon un posto de traballo tras recibir esta formación son mulleres.    

O itinerario está pensado para facilitar unha formación moi específica ás persoas en situación de demanda de emprego, que se complementan con actividades máis xerais como a formación en ofimática, inglés ou ferramentas de busca de emprego. As accións de formación ocupacional,  adaptadas ao perfil profesional de cada participante, estiveron dirixidas a nichos de emprego como a atención ao cliente, o comercio, a elaboración culinaria, limpeza, manipulación de cargas con carretillas elevadoras e ofimática. Tras os cursos, as persoas participantes completaron a formación con 80 horas de prácticas titorizadas en empresas.

"O programa consta tamén dun fase de intermediación laboral personalizada, na que se guía ás persoas participantes para a súa entrada no mercado de emprego, e na que se traballa tamén coa Bolsa de Emprego do Servizo Municipal, que conta cunha ampla base de empresas colaboradoras", explica Lema.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión