11 de xuño de 2018
Programación educativa da “Escola de Verán 2018”, organizada pola Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) prevista para o mes de xullo na que ofértanse 80 prazas gratuítas dentro do programa educativo destinado a nenas e nenos de entre 4 e 10 anos de idade. A nova programación educativa para o verán 2018, organizada pola Oficina Municipal de Información ás Persoas Consumidoras (OMIC) comezará o próximo 2 xullo a través do programa educativo "Escola de Verán 2018", dirixido a nenas e nenos de entre 4 e 10 anos de idade.
PERSOAS DESTINATARIAS
Serán nenas e nenos de idades comprendidas entre os 4 e os 10 anos, e dispoñeranse en dúas quendas con dous grupos en cada quenda en función dos rangos de idade:
TEMÁTICA DE CADA QUENDA
Primeira quenda. Consumo e novas tecnoloxías. Do 2 ao 13 de xullo
Facilitar ferramentas que garantan a adopción de bos hábitos de seguridade, facendo usuarias e usuarios conscientes da súa propia responsabilidade en relación co uso das novas tecnoloxias.
Segunda quenda. Consumo, alimentación e comercio de proximidade. Do 16 ao 30 de xullo
Coñecer a importancia da compra de proximidade identificando os establecementos e as áreas comerciais locais. Comprender a importancia do comercio local e a súa repercusión na economía das familias, o seu significado e as vantaxes da compra de proximidade e a súa repercusión na alimentación equilibrada. A pirámide nutricional, a seguridade alimentaria e a alimentación ecolóxica.
Horarios actividades
O horario das actividades será de luns a venres de 09:00 a 13:30, pero por motivos de conciliación os nenos/ as poderán acceder ás instalacións a partir das 08.30.
Preinscrición
Do 11 ao 21 de xuño de 2018, exclusivamente telemática a través da páxina web www.coruna.es/omic, desde as 00.00 horas do día 11 ás 14.00 horas do día 21.Todas as preinscricións que teñan data de envío anterior ou posterior aos días e horas indicados non serán tramitadas. Nas instalacións da OMIC facilitaranse equipos informáticos e asesoramento para que as persoas solicitantes poidan realizar as preinscricións ou realizar consultas sobre o programa.
Sorteo público
As prazas adxudicaranse por sorteo que se realizará o día 22 de xuño ás 12.00 horas, nas instalacións da OMIC, onde se extraerán dúas letras unha para cada quenda. Corresponde praza desde o primeiro apelido da letra do sorteo por orde alfabética, dando a volta ao alfabeto (da letra Z pásase ao A), se fose necesario, ata completar as prazas de cada grupo dentro de cada quenda. As prazas ofertadas en cada grupo e quenda adxudicaranse pola orde resultante. A partir das 14.00 horas do día 22 poderanse consultar a lista de persoas admitidas na web da OMIC www.coruna.es/omic, no telefono de información ao cidadán 010 ou na propia OMIC. Se o/a solicitante non está na lista de admitidos, estará na lista de espera. Se por algunha circunstancia especial, debidamente informada, algún dos menores admitidos fose obxecto de especial protección non se publicará o seu nome nas listaxes oficiais. Se quedan prazas vacantes, despois da inscrición das persoas admitidas, chamarase ás reservas pola orde correspondente.
Inscrición
Do 25 ao 29 de xuño de 2018 de luns a venres de 08:00 a 13:30 horas nas instalacións da OMIC na Rúa Costa da Palloza, 8, no que se realizará o cumprimento dos datos, para os que obteñan praza, mediante a presentación da correspondente solicitude escrita, que se facilitará na OMIC.
Se non se formaliza a inscrición no prazo indicado a praza quedará libre.
Requisitos xerais
Para máis información poden consultar a web da OMIC www.coruna.es/omic ou ben chamar ao 981189820 ou ao 010.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible