Concello da Coruña

Concello da Coruña

Formación ocupacional profesional -PLAN AFD-

Obxecto:

Conseguir un incremento da competencia, da empregabilidade e das posibilidades de inserción laboral dos traballadores/as desocupados/as.

A quen vai dirixido?:

Desempregados/as inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia.

Accións Formativas para Desempregados (AFD), organizadas polo Concello da Coruña (Concellería de Promoción Económica, Emprego, Comercio, Consumo e Turismo), cofinanciados pola Xunta de Galicia (Consellería de Traballo) e pola Unión Europea (Fondo Social Europeo).

Accións Formativas para Desempregados (AFD), organizadas polo Concello da Coruña (Concellería de Promoción Económica, Emprego, Comercio, Consumo e Turismo), cofinanciados pola Xunta de Galicia (Consellería de Traballo) e pola Unión Europea (Fondo Social Europeo).

  • Os cursos son cofinanciados pola Consellería de Traballo a través da Dirección Xeral de Formación e Colocación e o Fondo Social Europeo.

    Os grupos son de 15 alumnos/as, e impártense no Centro Municipal de Emprego dos Rosales ou nas instalacións do recinto de Bombeiros do Polígono da Grela.

  • Requisito mínimo: Estar en situación de desemprego e inscrito/a en calquera das oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia.
  • A solicitude dos cursos deberase realizar en calquera das oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia. Despois dunha preselección do alumnado (sondaxes do Servizo Público de Emprego de Galicia) realízanse probas e/ou entrevistas nas instalacións do Centro Municipal de Emprego.
  • A orientación e o apoio á inserción facilitan a incorporación ao mercado do traballo.
  • O diploma acreditativo. Unha vez terminado o curso o alumnado que o finalizou satisfactoriamente e asistiu polo menos ao 75% do seu desenvolvemento, recibirá un diploma no que figura o programa do curso, número de horas, módulos transversais, etc.
  • Información e publicidade: Consellería de Traballo (Dirección Xeral de Formación e Colocación), a nosa páxina web, oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia e Medios de Comunicación.
  • Financiamento: Fondo Social Europeo, Xunta de Galicia (Consellería de Traballo, Dirección Xeral de Formación e Colocación) e Concello da Coruña.

Estas accións formativas complementan a oferta de formación que ofrece anualmente o Concello da Coruña.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión