Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de febreiro de 2019

Novas formacións para persoas adultas en consumo

Xa están dispoñibles as novas accións formativas para adultos que se desenvolverán na OMIC nos vindeiros meses.

A Oficina Municipal de Información ás Persoas Consumidoras organiza anualmente un Programa de Formación en Consumo dirixido á poboación adulta.

De forma continua, na OMIC desénvolvense actividades formativas con diferentes temas de actualidad que pretenden achegar ás persoas consumidoras cales son os seus dereitos e como defenderse.

Os diferentes obradoiros e charlas teñen unha duración aproximada de 90 minutos e impártense nas instalacións da OMIC. Están dirixidas a persoas maiores de 18 anos, en grupos mínimos de 15 asistentes.

Todas as actividades para adultos desenvolveranse de 11:30 a 13:00 e son gratuitas- Para inscribirse as persoas interesadas poden facelo a través da páxina www.coruna.gal/omic

As vindeiras charlas e obradoiros son:

Xoves 14 de Febreiro:  Comprender a factura da luz

Xoves 14 de Marzo:  Dereitos sobre os servizos de telefonía

Xoves 25 de Abril:  Vivenda: alugueres e hipotecas

Xoves 16 de Maio:  Coidado cos produtos milagre

Para máis información ou solucionar calquera dúbida pódese chamar ó 981.189.820 ou escribir un correo electrónico a omic@coruna.es

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión