Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de xullo de 2021

O Concello aplaude a iniciativa dos empresarios de Agrela por contribuíren a unha mobilidade “verde”

O concelleiro de Innovación, Industria e Emprego, Jesús Celemín, sinalou na presentación que a primeira Feira do Automóbil, que terá lugar no polígono do 22 ao 24 de xullo, servirá para que a cidadanía realice ese cambio tan necesario a coches híbridos e eléctricos

O concelleiro de Innovación, Industria e Emprego, Jesús Celemín, asistiu esta mañá á presentación da primeira edición da Feira do Automóbil en Agrela, en que participarán dez concesionarios con sede no polígono. O edil destacou que a iniciativa axudará a conseguir unha mellora medioambiental xa que "ninguén pasa xa por alto que os turismos híbridos e mais os eléctricos son o futuro e a feira contribuirá a que a cidadanía realice ese cambio tan necesario e que logremos unha mobilidade 'verde', que non contamine". Celemín destacou a celebración desta cita nun momento tan necesario xa que o do automóbil foi un dos sectores máis danados pola pandemia, "e a máxima do goberno de Inés Rey é traballar precisamente por reactivar aqueles que saíron máis prexudicados deste parón".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión