Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de novembro de 2021

O Concello da Coruña impulsa dúas xornadas de fomento do emprendemento social e sostible no centro municipal de empresas do Papagaio

O obxectivo das sesións, que teñen todas as prazas cubertas, é achegar unha visión máis ampla do que supón apostar por unha economía verde e circular

O centro municipal de empresas ACCEDE Papagaio acolle, entre hoxe e o martes, 30 de novembro, dúas xornadas de fomento do emprendemento social e sostible impulsadas polo Departamento de Promoción Económica e Comercio do Concello da Coruña. 

O concelleiro de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego, Jesús Celemín, asistiu hoxe á apertura dos obradoiros. O obxectivo dos mesmos é ofrecer unha visión completa sobre os beneficios da economía verde e circular. Plantexarase tamén aos e ás asistentes que ferramentas poden aplicar para desenvolver negocios máis sostibles nos nichos de mercado que existen neste campo. 

Hoxe, na xornada inaugural, 'Emprendemento social: Máis forte, máis verde e máis inclusivo', as persoas participantes teceron redes e coñeceron diversas realidades dentro do sector. Destacou a exposición da posta en marcha das Lareiras, un espazo de reunión laboral concibido como as antigas xuntanzas de familias e cidadanía, e que xa están poñendo en práctica mulleres emprendedoras que, de xeito colaborativo, comparten ideas de negocio sostibles e sociais, que polo seu perfil de proxecto son susceptibles de captar financiación dos fondos Next Generation. 

Este martes comezará o hackaton de emprendemento rexenerativo 'A Coruña circular', uns encontros de curta duración, que se celebrarán tamén no centro municipal de empresas ACCEDE Papagaio co fin de atopar novas solucións de innovación para retos concretos ou futuros produtos. En cada unha das sesións tomarán parte 40 persoas, o aforo máximo establecido.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión