Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Área de empleo y empresa

Cuándo:

26 de octubre de 2018

O Concello edita dúas guías de boas prácticas no pequeno comercio e nos mercados “para que os e as vendedoras teñan coñecemento dos seus dereitos e deberes na venda”

A Concellería de Emprego editou 2.000 exemplares destes manuais “especialmente útiles para o comercio de proximidade, que non conta con asesoramento xurídico como as empresas grandes”

A Concellería de Emprego e Economía Social, dirixida por Alberto Lema, vén de editar dúas guías de boas prácticas dirixidas especialmente ao pequeno comercio e aos e ás praceiras dos mercados municipais da Coruña. Segundo explicou en rolda de prensa o concelleiro, esta publicación busca que ambos colectivos teñan coñecemento tanto dos dereitos das persoas consumidoras e das vendedoras como das obrigas na venda. Do mesmo xeito tamén fai unha serie de recomendacións encamiñadas a mellorar a calidade do comercio, algo que repercutirá nos seus resultados. O responsable municipal salientou que esta guía, elaborada a través da Oficina Municipal de Información á Persoa Consumidora (OMIC) estará dispoñible fisicamente tanto neste espazo como nas federacións e agrupacións de comerciantes e nos mercados municipais, á vez que tamén poderá descargarse na dirección web www.coruna.gal/omic. "Editamos 2.000 exemplares, 1.000 guías para os mercados e outras tantas para establecementos dentro dese obxectivo de dinamización do comercio de proximidade", salientou o edil.

Ao fío, a directora da OMIC, Lidia Blanco, quen tamén estaba presente na rolda de prensa, comentou que "se trata dun documento que será moi útil para o desenvolvemento do traballo destes comerciantes que, polo xeral, non contan con gabinetes xurídicos, como si teñen as empresas grandes, que os axuden a delimitar as súas obrigas, dereitos e deberes".

Ambas as dúas guías, dispoñibles en galego e en castelán, estrutúranse en tres grandes bloques: dereitos das persoas consumidoras, información ao consumidor e documentación e coñecementos básicos para os e as comerciantes. "É importante deixar claro os dereitos das persoas usuarias: dereito á protección da saúde e da súa seguridade, á información, á formación e á educación, a protección dos seus dereitos económicos e sociais, á reparación dos danos e persoas sufridas, á representación e á protección xurídica e administrativa", recordou o concelleiro, quen especificou que as guías tamén informan de forma extensa sobre as obrigas na etiquetaxe de produtos, así como as obrigas no campo do consumo da pesaxe de alimentos, así como a súa facturación.

Documentos:

Guía de boas prácticas nos mercados municipais (1 MB)

Guía de boas prácticas no pequeno comercio (1 MB)

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?