Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de outubro de 2018

O Concello pon en marcha un novo obradoiro de emprego para facilitar o acceso ao mercado laboral a colectivos vulnerables

O taller ‘Capela de San Amaro’, que se desenvolverá o longo de nove meses, capacitará 20 persoas desempregadas da cidade na instalación e mantemento de zonas verdes, ademais de pintura industrial

A Concellería de Emprego e Economía Social inicia este mes de outubro un novo obradoiro dual de emprego dirixido á mellorar a empregabilidade no termo municipal. O taller Capela de San Amaro, que desenvolverá a área que dirixe Alberto Lema, formará a 20 persoas desempregadas da cidade nas especialidades de instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes, así como de pintura industrial en construción, co obxectivo de facilitar o acceso futuro ao mercado laboral da veciñanza, en particular de colectivos con dificultades de integración social. Tal e como sinala o concelleiro Alberto Lema, o curso, que comezará contra final de mes e que se desenvolverá ao longo de nove meses, contempla medidas "que melloren a capacidade das e dos participantes para adaptarse ás necesidades que se veñen incrementando nos últimos anos". "Desde o Concello da Coruña estamos a realizar un importante esforzo para mellorar as oportunidades laborais de todas aquelas persoas con dificultades de integración social, xa que o desemprego afecta, especialmente, ás persoas que se atopan nunha situación de vulnerabilidade", sinala o edil.  

Os cursos terán unha duración de nove meses e un total de 1.440 horas lectivas. Cada un dos obradoiros divídese en módulos que inclúen coñecementos teóricos e prácticos sobre a especialidade en cuestión, que se complementarán con accións formativas de sensibilización ambiental, igualdade de xénero, alfabetización informática ou orientación e asesoramento, entre outras. Na especialidade de instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes, abordaranse cuestións vinculadas á execución e organización das operacións de instalación de xardíns de interior ou exterior, ademais do manexo de maquinaria e apeiros de xardinería --todo sempre baixo o cumprimento da normativa ambiental, de calidade e de prevención de riscos laborais--; e capacitarase ás alumnas e aos alumnos para o control de pragas, enfermidades e fisiopatías. No caso da especialidade de pintura industrial en construción, abordarase o tratamento de soportes para o seu revestimento, a pintura e materiais de imprimación, a realización de acabados ou a execución de pavimentos continuos de resinas, ademais da organización de traballos de pintura ou a prevención básica de riscos laborais, entre outros aspectos.  

Todos os coñecementos adquiridos levaranse a cabo, baixo a supervisión da dirección do curso, intervencións na capela e no muro do cemiterio de San Amaro, así como o acondicionamento e mellora dos xardíns adxacentes ao camposanto. O obradoiro suporá un investimento de 334.807 euros, dos cales o Concello contribúe con 46.000 euros --contemplados no orzamento municipal do presente exercicio--, mentres que o resto corresponden a unha subvención outorgada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión