Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

25 de noviembre de 2021

O Programa de Emprego “Rede virtual xacementos arqueolóxicos”, participou na concentración do 25N no centro Municipal de Emprego

Participaron nunha lectura pública do manifesto do 25N: Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres do Concello da Coruña sobre a súa orixe, todo o camiño percorrido ata o momento e todo o que aínda queda por conseguir.

A violencia machista, ou «todo acto de violencia que teña ou poida ter como resultado un dano ou sufrimento físico, sexual ou psicolóxico para a muller, así como as ameazas de tales actos, a coacción ou a privación arbitraria da liberdade, tanto se se producen na vida pública como na vida privada», trátase dun problema estrutural que ten a súa orixe na falta de equidade nas relacións entre homes e mulleres en diferentes ámbitos e que persiste tanto no ámbito público como no privado.

"Se cres que non existe, fai que non exista"

As palabras neste lema reivindican a eliminación da violencia machista do 25 N ou 'Día Internacional contra a Violencia de Xénero', declarado oficialmente en 1993, durante a Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas (ONU).

Dende o Concello da Coruña as accións de loita contra a violencia machista non só quedan nun lema. Durante o día de onte, realizáronse diferentes concentracións, de obradoiros e ciclos de conversas. Programa de Emprego Rede Virtual de Xacementos Arqueolóxicos participou no Centro Municipal de Emprego dos Rosais nunha lectura pública do manifesto do 25N: Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres do Concello da Coruña sobre a súa orixe, todo o camiño percorrido ata o momento e todo o que aínda queda por conseguir.

A loita destes dous últimos anos vese reforzada debido aos datos que amosan a cantidade de mulleres que tiveron que convivir co seu agresor durante a pandemia e a dificultade para pedir axuda.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión