Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de maio de 2018

Resultado do sorteo de vales de compra

A campaña realizouse entre xaneiro e febreiro e participaron preto de 700 comercios.

Para apoiar o comercio local no 2017 e 2018 o Concello da Coruña licitou a organización de dúas campañas de dinamización comercial baseadas en sorteos de vales de compra.

Realizado o sorteo da primeira campaña ante notario o día 2 de marzo no Centro Municipal de Empresas ACCEDE Papagaio, e tal e como se indica na base sétima, publícase o seu resultado na web do Concello da Coruña, así como os establecementos participantes nos que se poderán trocar.

Por motivos de seguridade quedan pendentes de ser resoltos os seguintes premios:

- 1 premio de 750 €

- 4 premios de 500 €

- 9 premios de 250 €

- 2 premios de 100 €

- 3 premios de 50 €

As persoas agraciadas deberán achegarse persoalmente co seu DNI orixinal, para retirar os vales de compra.

Os prazos son os seguintes:

- Prazo para que as persoas premiadas pasen a recoller os vales de compra e trocalos nos comercios participantes: desde o xoves 10 de maio ata o mércores 30 de maio (de luns a venres), na rúa Ángel Rebollo, 71, baixo, 15002, A Coruña, en horario de 16.30 a 19.30 h

- Prazo para que as/os comerciantes poidan trocar os vales de compra: desde o día 31 de maio ata o 14 de xuño, ambos os dous incluídos (de luns a venres). Para iso deberán achegarse á rúa Ángel Rebollo, 71, baixo, 15002, A Coruña, en horario de 15.30 a 21.30 h.

Deben presentar, xunto cos vales de compra orixinais, facturas polo importe total dos vales trocados nese establecemento a nome de: UTE ATLANTIC PONTE 2000, S.L.U. E CON C DE COMUNICACION, 23, S.L. - CIF U-70535851. Enderezo: San Lázaro, 36, 15707, Santiago de Compostela.

Para máis información:

comercio@quedanacasa.com

Teléfono de contacto: 698169959

Documentos:

Listaxe de persoas premiadas (98 KB)

Listaxe de comercios participantes (441 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión