Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de setembro de 2019

O Concello mostra o seu compromiso coas traballadoras e traballadores e a industria da cidade nunha reunión con Comisións Obreiras

• Inés Rey recordou que “o Goberno municipal atende a escoita as diferentes seccións sindicais e ademais está do lado do persoal traballador, neste caso da industria, que está nunha situación delicada e que estamos intentando resolver entre todas e todos” • CCOO valorou este primer encontro institucional como moi positivo e produtivo

A alcaldesa, Inés Rey, reuniuse esta mañá no concello co secretario xeral de Comisións Obreiras na Coruña, Cristóbal González, no que foi unha primeira toma de contacto de carácter institucional. Rey asegurou que neste encontro, de carácter xeral, abordaron moitos temas como "os relativos a CCOO, ás súas demandas e tamén temas importantes de cidade: principais cuestións de empresas, concesións municipais, estabilidade das traballadoras e traballadores, Isowat e a creación da área metropolitana, entre outros".

A rexedora tamén recordou que "o Goberno municipal atende a escoita as diferentes seccións sindicais e ademais está do lado do persoal traballador, neste caso da industria, que está nunha situación delicada e que estamos intentando resolver entre todas e todos".

Desde CCOO, Cristóbal González mostrou a súa preocupación pola xestión e coordinación das políticas públicas na área metropolitana e sinalou que buscan "que se traballe coordinadamente para mellorar os niveis de emprego e desenvolvemento económico, xa que todo iso redunda na poboación e nas traballadoras e traballadores da zona".

A sección sindical ofreceu a súa experiencia e o seu compromiso para colaborar co Concello e "buscar o restablecemento dun canal permanente de traballo para que, na medida do posible, o Concello e CCOO poidamos alcanzar neste mandato os obxectivos necesarios". Por outro lado, tamén abordaron cuestións máis inmediatas que, aseguraron, resolverán con cada área en cuestión. En definitiva, valoraron a reunión como "positiva e moi produtiva".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión