Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

1 de agosto de 2019

Posta en marcha do proxecto CORUÑA SUMA

O Servizo Municipal de Emprego e Empresa puxo en marcha o proxecto CORUÑA SUMA, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, co obxectivo de promover a capacitación profesional das persoas desempregadas con máis dificultades para a súa incorporación ao mercado de traballo.

CORUÑA SUMA preséntase como unha iniciativa integradora, que promove a participación activa dos servizos sociais municipais, así como das entidades comprometidas co Pacto Local polo Emprego da cidade da Coruña (sindicatos, entidades do terceiro sector, entidades empresariais, representantes dos traballadores e traballadoras, entidades de economía social, universidade...), que desenvolven unha actividade complementaria da municipal, a través da coordinación de accións e servizos.

O proxecto conta cun equipo de coordinación e tres equipos técnicos especializados na xestión de itinerarios integrados e personalizados de inserción, activación para o emprego e coaching laboral.

Cada un destes equipos está formado por cinco profesionais de orientación e intermediación laboral, situados en diferentes barrios da cidade: Rosales-Labañou-Agra do Orzán, Sagrada Familia-Mallos e II fase de Elviña-Monelos-Barrio das Flores.

Nos próximos tres anos, a través dos 96 itinerarios do proxecto está previsto formar a 1.440 persoas desempregadas e conseguir que polo menos 936 (o 65%) accedan a un posto de traballo, o 60% delas serán mulleres.

A través de CORUÑA SUMA ofrécese formación con prácticas en empresas en sectores profesionais como:

  • Atención a persoas dependentes e infancia (atención sociosanitaria en institucións, axudante de comedor escolar, actividades de lecer e tempo libre etc.)
  • Comercio e márketing (auxiliar de almacén, comercio etc.)
  • Actividades físicas e deportivas (socorrismo acuático en praias e piscinas)
  • Administración e xestión (rexistro, arquivo, recepción etc.)
  • Hostalería e turismo (axudante de cociña, servizo básico de restaurante e bar etc.)
  • Industria alimentaria (carnicería, peixería etc.)
  • Informática e comunicacións (programación con Java, xestión comercial etc.)

O orzamento total deste proxecto é de 5.594.142,07 €, cun cofinanciamento do Fondo Social Europeo do 80%, 4.475.313,66 € e unha achega municipal do 20%, que ascende a 1.118.828,41 €.

Pódese obter máis información sobre este proxecto no Centro Municipal de Emprego dos Rosales, chamando ao teléfono 981 184 399.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión