Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de outubro de 2019

Rey fala dun proxecto común de cidade no que participen entidades públicas e privadas

A alcaldesa acudiu á inauguración da nova sede de Abanca Seguros de Vida, na que traballarán preto de 100 profesionais

A alcaldesa Inés Rey acudiu esta tarde á inauguración da nova sede de Abanca Seguros de Vida, que está situada na avenida da Mariña número 1, nun acto no que tamén estiveron presentes o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; o presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet; o conselleiro delegado, Francisco Botas, e o director xeral, Álvaro García.

Na presentación do proxecto, a rexedora explicou que este edificio que dará emprego a preto de 100 profesionais do mundo financeiro, formará parte da cidade que o Goberno local quere construír, "un proxecto común no que necesitamos de todos, institucións públicas e privadas, e no que deseñaremos unha fábrica das TICs para que o talento tecnolóxico non marche". Rey destacou que esta iniciativa conectará coa industria e o sector de servizos, que terán maiores facilidades de comunicación cunha estación Intermodal que suporá avances para a cidadanía e para entidades como Abanca.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión