Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Itinerarios

Poñeranse en marcha 96 itinerarios integrados e personalizados de inserción nos sectores produtivos con mellores perspectivas de emprego cuxo obxectivo é promover a mellora da ocupabilidad das persoas beneficiarias do proxecto.

Os itinerarios integrados e personalizados de inserción contemplan a programación de:

  • Formación específica, relacionada cos sectores profesionais
  • Práctica profesional tutorizada, en contornas reais de traballo
  • Formación transversal obrigatoria
  • Formación complementaria e de activación para o emprego

A través do proxecto ofrécese formación con prácticas en empresas en sectores profesionais como:

  • Atención a persoas dependentes e infancia
  • Comercio e Márketing
  • Actividades físicas e deportivas
  • Administración e xestión
  • Hostalería e Turismo
  • Industria Alimentaria
  • Informática e Comunicacións

Realizarase un proceso de selección adaptado a cada un dos itinerarios de inserción buscando confirmar a adecuación do perfil profesional ao sector de formación e incrementando a responsabilidade na participación e a permanencia das persoas nos itinerarios.

Para as accións formativas con certificado de profesionalidade, deberanse cumprir os requisitos académicos de acceso pertinentes en cada caso.

Para os certificados de nivel 1 e para as accións formativas sen certificado de profesionalidade non se esixe requisito académico de acceso.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión