Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de xaneiro de 2022

A segunda edición dos Bonos PRESCO mobilizou vendas na cidade por un valor superior aos 3 millóns de euros

Máis de 50.000 coruñesas e coruñeses descargaron os bonos de desconto habilitados ata o pasado 31 de decembro

A segunda edición dos Bonos PRESCO, un programa impulsado polo Concello da Coruña para contribuír á reactivación económica da cidade, rematou cun balance de 718.830 en descontos a través dos bonos, promovendo vendas na cidade por un valor de 3.035.379 euros. 

O Goberno municipal, que activou este segundo plan de incentivos ao consumo o día 15 de setembro do ano pasado, cun orzamento de 985.000 euros, destinou 400.000 ao pequeno comercio por medio do Bono Comercio; 235.000 para o Bono Cultura; outros 200.000 ao Bono Hostalaría; 100.000 euros para o Bono Estética; 50.000 euros para o Bono Taxi.

Neste sentido, tanto o Bono Comercio orientado ás compras no pequeno comercio e o Bono Estética, ideado este último para promover vendas nos salóns de peiteado e estética da cidade, consumiron o seu importe nun 100 %.

A alcaldesa, Inés Rey, destacou a satisfacción do goberno co funcionamento desta iniciativa que "amosou o compromiso do Concello coa reactivación económica da cidade e cos sectores que máis sufriron como consecuencia da pandemia". 

En total, uns 710 comercios de toda a cidade da Coruña participaron na segunda edición dos Bonos PRESCO, un plan que contou co apoio unánime de tódolos grupos da corporación municipal para conformar un escudo social que axudase aos pequenos comerciantes e autónomos da cidade durante a pandemia da Covid-19.

Ata o pasado 31 de decembro, o último día con validez para usar os descontos desta segunda edición dos Bonos PRESCO, unhas 50.831 coruñesas e coruñeses descargaron os bonos. 

Un total de 40 pequenos comercios chegaron ao tope dos 5.000 euros en descontos

Durante esta segunda campaña dos Bonos PRESCO, ata 40 establecementos da cidade da Coruña chegaron aos 5.000 euros en descontos fixados como tope para cada pequeno negocio.

De todos eles, 26 foron establecementos adscritos ao sector cultural (librarías, tendas de música e fotografía); 9 foron pequenos comercios como tendas de roupa e ferraxarías; 2 establecementos do sector da estética (locais de manicura e pedicura); e, por último, outros 2 negocios de hostalería.

Este ano todos os establecementos participantes recibiron os importes descontados semanalmente. 

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión