Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de decembro de 2020

AJE celebrará o 18 no Concello o acto de entrega da 21 edición do Premio Emprende

A Asociación de Jóvenes Empresarias y Empresarios de la Provincia de A Coruña homenaxeará a Sandra Armas pola súa traxectoria de máis de 20 anos nunha celebración no salón de plenos, en que distinguirán as mellores ideas emprendedoras do ano

A Asociación de Jóvenes Empresarias y Empresarios de la Provincia de A Coruña entregará o 18 no salón de plenos os galardóns da XXI edición do Premio Emprende, en que colabora o Concello. Con eles, o colectivo pretende pór en valor o tecido empresarial da cidade. Algunhas das persoas representantes das firmas patrocinadoras como Adrián Torreiro, de Vegalsa; e Venancio Salcines, presidente da EF Business School, xunto ao presidente da entidade, Miguel Miragaya, reuníronse esta semana coa alcaldesa, Inés Rey, para abordaren unha entrega, en que se homenaxeará á empresaria Sandra Armas, de CEO de Laboratorio de Ocio que entre 2014 e 2016 fora distinguida tamén con este premio. A rexedora destacou o traballo de AJE por aupar as melloras ideas emprendedoras que afloran na provincia e axudar a que se consoliden nun mercado repleto de nomes que aplaudiron no seu momento inicial "e que hoxe son xa un referente".

Pola súa parte, Miragaya sinalou que "hai historias de éxito no mundo da empresa que cómpre dalas a coñecer, máis nestes tempos" e valorou a traxectoria de Sandra Armas, fundadora do grupo empresarial Laboratorio de Ocio, e que leva 20 anos desde que creou Fantasía Animación xunto a súa socia Ana Chas. O presidente recordou todas as firmas que virían despois da súa man como Fan Square, Megajump, Hinchables Galicia, Don Fotomatón Galicia, Lab Eventos e as franquicias Mahalo Poké de comida hawaiana.

AJE repartirá premios valorados en 28.500 euros, repartidos nas categorías de mellores iniciativas empresarial e emprendedora de 2020 mais tres accésits cos que distinguirán a innovación, creación de emprego e a responsabilidade social corporativa de "persoas que deixaron a un lado temores e dificultades para crearen unha firma que xera riqueza e emprego na cidade". Desde a asociación, recordan que o único requisito que deben cumprir as e os aspirantes é que o capital social das empresas deberá estar participado nun 25% como mínimo por persoas físicas menores de 41 anos.

As candidaturas poden presentarse até o 10 de decembro na asociación, onde se pode solicitar toda a información, que tamén está dispoñible na súa web www.emprendecoruna.com. Outras opcións de contactar con eles é a través do 981915635 ou escribindo a info@ajecoruna.com.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión